jueves, mayo 22, 2014

ROSA QUINTANA DE CAMPAÑA EN OURENSE

O duodécimo día de campaña para as Europeas tivo un especial protagonismo para as políticas europeas que afectan a un dos sectores claves da economía provincial: o sector primario. De feito, os populares ourensáns diron un mitin no Multiusos de Riós, no que exerceu de anfitrión o alcalde, Francisco Veiga, e no que tamén participou a conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana. As políticas que se adoptan en Bruselas para a agricultura, a gandeiría e o sector forestal centraron as intervencións, dada a importancia para a economía local e provincial das mesmas. O presidente provincial, Manuel Baltar, sinalou que "o sector primario sairá reforzado co voto ao PP na Unión Europea" e xa no plano máis local, recalcou que "Riós e comarca son berce da castaña, un producto clave na economía ourensá".
No tocante á importancia das próximas eleccións do domingo, Manuel Baltar proclamou que "votar PP é votar futuro. Riós merece futuro", e culminou a súa intervención chamando á participación nos comicios europeos: "Quedan tres días para que Riós aposte por Europa co único voto útil: o Popular".

No hay comentarios: