miércoles, mayo 07, 2014

RAJOY REGRESA DE CAMPAÑA A PONTEVEDRA O 14 DE MAIO

Alfonso Rueda avanzou unha campaña activa do PP en Galicia, onde participarán Mariano Rajoy, Miguel Arias Cañete, Soraya Sáenz de Santamaría e Esteban González Pons. A pesar de que, Rajoy xa estivo en Pontevedra a pasada semana, volverá á Galicia o 14 de maio para levar a cabo, como mínimo, outro acto na provincia de Pontevedra. Así mesmo, informou de que Miguel Arias Cañete, que xa estivo en Pontevedra o pasado venres, volverá a Galicia o día 20, posiblemente para facer actos en dúas provincias, en función da súa axenda.
Do mesmo xeito, Rueda destacou a visita de Soraya Sáenz de Santamaría á Galiciao día 17 e a de Esteban González Pons, que visitará Ourense e A Coruña o vindeiro 15 de maio. Ademais, o PPdeG intentará que Ana Pastor tamén estea presente nalgún acto, a pesar de que está moi solicitada polo resto de España.
Para Alfonso Rueda esta presenza tan destacada de líderes nacionais en Galicia e o feito de que nos visiten por segunda vez en dúas semanas, como é o caso de Rajoy e Cañete, é unha mostra da importancia que lle dan a Galicia e da confianza nos seus resultados. Como relatou Rueda, serán 15 días intensos nos que os populares galegos perseguirán dous obxectivos. Por unha banda, difundir as propostas do partido para Europa e, pola outra, intentar transmitir a todos os electores que poden estar pensando en absterse de votar a importancia da Unión Europea e de acudir ás urnas o 25 de maio.
Con respecto aos candidatos galegos, Francisco Millán Mon e Carmen Pardo, o PPdeG intentará que estean presentes por todo o territorio galego, cada un coa súa propia axenda. Ditos calendarios de actos serán complementados os de Feijóo, que fará o seu propio percorrido e coincidirá moitas veces con Millán Mon ou Pardo.
Así mesmo, os membros do Goberno galego, os alcaldes, deputados e demais dirixentes tamén están preparados e dispostos a facer un esforzo estes 15 días para poder lograr o mellor resultado posible. Neste senso, Rueda indicou que o PPdeG agarda superar con diferenza o resultado que poida acadar o PSOE e, con respecto ao resto dos compañeiros de filas das outras comunidades, espera que o apoio que aporte ao PP español estea tamén por riba da media. Así, os populares galegos aspiran a gañar as eleccións e a que os resultados do PPdeG sexan significativamente importantes.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

El presidente del Gobierno, Mariano Rajoy, ha hecho funcionarios, cargos públicos o políticos a un total de 32 parientes y amigos desde que entró en política con 28 años

http://www.espiaenelcongreso.com/2014/01/27/rajoy-ha-hecho-millonarios-32-parientes-y-amigos-gallegos-todos-los-nombres/

Anónimo dijo...

El gobierno de Fraga tramitó la autorización de Manuel Fernández Balboa (cuñado de Rajoy, Presidente del Paritido Popular, sin remitir ni el contrato ni el currículum del candidato
La administración Fraga había decidido contratar al cuñado de Rajoy como director económico de la ciudad de la cultura antes incluso de que éste se interesase por el puesto y sin disponer de su currículum

http://xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=68729

Anónimo dijo...

Dios mío, la Soraya en Galicia. Seguro que crece el paro.

Anónimo dijo...

Don Manuel Fraga ,caminaba puerta por puerta y hablaba con todo el mundo ,y así fue como gano ,el no invento nada ,ya estaba inventado ,que todo el mundo me vea en todas las esquinas,Ay Don Manueliño que pouco respeto nos teñen os fillos e o malo e que pensan que saben