viernes, mayo 23, 2014

OURENSE CIDADE EN PLENA CAMPAÑA

A actividade política de campaña intensificouse na cidade de Ourense con unha alta participación de xente nos actos. A sede de Aixiña acolleu un acto sectorial sobre Política social que contou coa presencia de Ignacio Tremiño, Director General de Políticas de Apoyo a la Discapacidad do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, e no que participaron tamén o responsable de Políticas Sociais do PPOU, Miguel Santalices, a eurocandidata Carmen Pardo e o presidente provincial, Manuel Baltar. Os colectivos e asociacións do eido das Políticas Sociais participaron no acto formulando preguntas e abrindo intervencións destinadas a debuxar a situación destes colectivos e o mellor xeito de aplicar as políticas que se adoptan en Europa no beneficio dos usuarios. A discapacidade e o xeito de eliminar barreiras foron puntos fundamentais no debate aberto en Aixiña.
Tamén houbo xornada de Debate Popular, no hotel Francisco II. Baixo a coordinación de María Antonia Rilo, contou coa participación dos máximos representantes do Parlamento de Galicia: a súa presidenta, Pilar Rojo; e o vicepresidente, Miguel Santalices. As políticas europeas e a súa incidencia en Galicia foron algunhas das claves que se abordaron neste encontro.
Xa no que se refire aos mítins, os populares estiveron nas asociacións de veciños As Burgas e Os Montes. No primeiro interviñeron José Luis Valcarce, Marta Rodríguez-Vispo e Rosendo Fernández. En Os Montes, participaron Javier Rodríguez-Nóvoa, Cristina Romero e Rosendo Fernández.

1 comentario:

Anónimo dijo...

En Ourense ha salido bien parado el PP, pero no lo suficiente como para pensar que las municipales están ganadas. Todo lo contrario. Si no transmitimos unidad entre nosotros, no será posible.