miércoles, mayo 07, 2014

OITO NOVOS CONGRESOS LOCAIS NO PPOU

Manuel Baltar presidiu o luns a reunión da Xunta Directiva do PP de Ourense, na que tamén participou como convidado o vicesecretario xeral do PPdeG, Agustín Hernández. Neste encontro, que se desenvolve periódicamente, se analizaron tódalas cuestións relativas á actividade do PP de Ourense, co inmimente inicio da campaña electoral ao Parlamento Europeo, co día 9 como punto de partida. Aparte de analizar os actos e actividades electorais previstas ata o día 25 de maio, data das Eleccións Europeas, un dous puntos máis salientables que se abordou foi a aprobación do calendario de oito novos congresos locais durante o vindeiro mes de xuño.
Os próximos congresos locais do PP de Ourense durante o vindeiro mes de xuño serán en Vilar de Barrio (día 12), A Peroxa (día 14), Castrelo de Miño (día 19), Amoeiro (día 20), O Barco de Valdeorras (día 21), Boborás (día 26), Gomesende (día 27) e Rairiz de Veiga (día 28).
Manuel Baltar, destacou ante os membros da Xunta Directiva do PPOU que a fase de renovación das 92 xuntas locais do partido está desenvolvéndose con total normalidade e seguindo o cronograma fixado nas súas propostas de goberno tralo Congreso Provincial do mes de marzo de 2013. Ademáis, lembrou o compromiso de que antes das Eleccións Europeas, o 25 de maio, estarían celebrados 40 congresos locais na provincia, rebasándose esta previsión en seis, xa que foron 46 os cónclaves dos populares concluidos a 30 de abril deste ano. "É un dato significativo do intenso traballo que desenvolvemos no PP de Ourense a diario, independientemente da cercanía ou non de citas electorais", dixo o presidente provincial, deixando claro que "agora, nestas datas nas que nos atopamos, redoblaremos os esforzos e centrarémonos en gañar as Eleccións Europeas e revalidar así a confianza maioritaria que depositan no Partido Popular os ourensáns e as ourensás".

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿conjresos en cada aldea? Baltar!! Ourense provincia non existe e un invento do século XIX para dividir Galicia con caciques.