martes, mayo 27, 2014

OBXETIVO: RECUPERAR A ILUSIÓN


Onte a tarde na Nécora deuse un repaso os resultados electorais no comité de dirección. Alfonso Rueda presentou un informe sobre os mesmos. Galicia lanzou a dobre mensaxe nas eleccións de onte: que confía no PP pero que é preciso que reflexione e mellore, e tamén que desconfía da esquerda parlamentaria. Como destacou Alfonso Rueda, o PPdeG gañou as eleccións cun 35,16% dos votos, o que supón avantaxar nun 9,2% ao PP a nivel nacional. Trátase dunha caída do 15,5% en Galicia, pero menor da caída a nivel estatal, que é do 16,06%.
Os resultados en Galicia tamén supoñen avantaxar nun 13,5% ao PSOE. Ademais, mentres en España a diferenza entre PP e PSOE é de tres puntos, en Galicia é catro veces superior. Polo tanto, como concluíu o dirixente popular, Galicia segue a confiar maioritariamente no PPdeG e desconfía maioritariamente do PSOE.
Os resultados destas eleccións lanzaron unha mensaxe ao PP nacional e tamén ao galego de que non chega con mellorar os datos macroeconómicos, senón que é preciso recuperar a ilusión da xente pola política e polos seus representantes públicos.
Non pasou desapercibido que parte do electorado quixo dar un toque de atención non acudindo ás urnas e, con respecto a isto, asegurou que o partido traballará duro para recuperar a súa confianza.
Segundo apuntou, é necesario reflexionar sobre os resultados das europeas aínda que tamén recoñeceu que é máis complicado manter o resultado cando se parte de porcentaxes superiores ao 50% que cando se teñen datos de apoio máis baixos. Os populares galegos tiñan moito marxe de caída e aínda así caeron menos que o PP nacional e teñen mellor porcentaxe que o partido no conxunto do Estado.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

No hagan mas estudios ,GANAMOS ,venga me lo creo ,

Anónimo dijo...

Ganamos ,es verdad ,somos los mejores ,venga adelante con el farol ,¿quien nos va a ganar a nosotros si somos los mejores ? venga ,adelante

Anónimo dijo...

A la abstención hay que sumar la caída brutal de votos. La representatividad de los gobiernos depende de la ley electoral pero no es sustantiva o real. Puy? zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz. Ni medio metro de carretera asfaltada. Nada que ver con su padrino.

Anónimo dijo...

Dentro de un año los ayuntamientos grandes se nos van todos ,cuidado que ellos ya lo saben ,tenemos que armar una vigilancia especial

Anónimo dijo...

Ya es tarde para hacer nada. Os toka pa casa. Esto cambio hace unos años y los dos partidos siguen a lo suyo personal.

Anónimo dijo...

Desde Pontevedra, os animamos a seguir con gente como Telmo Martin, Jacobo Moreira (y su sequito de lameculos -los que quedan-)así en las próximas elecciones, en vez de bajar 1 bajaremos 4....

Anónimo dijo...

E mandan o boletín ós afiliados sen mencionar nin recoñecer un fracaso estrepitoso. Pois nada, a seguir tirando fojetes...