miércoles, mayo 28, 2014

O PPOU ORGULLOSO DOS SEUS RESULTADOS ELECTORAIS

O PPOU celebrou onte a sua Xunta Directiva Provincial. A reunión estivo presidida por Manuel Baltar, que estivo acompañado de Rosendo Fernández; do vicesecretario provincial e coordinador do Comité de Campaña das Eleccións Europeas, Jorge Pumar; así como do secretario de Organización do PPOU, Pablo Pérez. Manuel Baltar se encargou de analizar polo miúdo os resultados electorais acadados polos populares ourensáns nos comicios do domingo.
Desta análise, destacou que a provincia de Ourense, cun 44,77% de porcentaxe de voto para o PP, foi a segunda provincia de España e a primeira de Galicia en apoio do seu electorado á candidatura encabezada por Miguel Arias Cañete. Así o valorara o presidente provincial, Manuel Baltar, tras coñecerse os datos do escrutinio das Eleccións Europeas na noite do 25 de maio.
O apoio ao PP na provincia de Ourense situouse 9,51 puntos por riba da porcentaxe galega e 18,74 puntos por riba da estatal. Na comparativa provincial en Galicia, Ourense superou en 12,46 e 12,36 puntos a A Coruña e Pontevedra, respectivamente, así como 2,43 por riba da provincia de Lugo.
Manuel Baltar sinalou tamén que o PP foi a forza máis votada en 82 dos 92 municipios da provincia, en 75 dos mesmos con maioría absoluta. Con estes datos extrapolados ás Eleccións Municipais, a Deputación Provincial contaría con 16 escanos populares, aumentando en un os actuais. A cidade, co 32,49% de apoio, foi a segunda das sete grandes cidades galegas en apoio ao PP. Con estes datos, os populares ourensáns serían os únicos de toda Galicia que subirían en número de concelleiros (de 11 pasarían a 12), xa que no resto das sete grandes ciudades a tendencia sería negativa, de pérdida de escanos municipais. No contexto global, o PPOU acadaría cos resultados do domingo 60 concelleiros máis que en 2011, pasando de 544 a 604 munícipes.
No tocante aos municipios con maior apoio ao PP, os dez primeiros foron os seguintes: Avión (86,99%), Beariz (85,88%), Quintela de Leirado (80,10%), Cualedro (77,93%), A Teixeira (76,01%), Chandrexa de Queixa (74,01%), Muíños (72,00%), Esgos (69,47%), Padrenda (69,42%) e Pontedeva (68,50%). Ademáis, tamén se analizaron os datos de participación e de votos acadados polo PP dentro dos sete partidos xudiciais da provincia (Trives, Bande, O Barco de Valdeorras, Carballiño, Ourense, Ribadavia e Verín).
Seguindo cos datos extrapolados a outros comicios, se as do domingo tivesen sido Eleccións Xerais ou Autonómicas, cos datos acadados o PPOU consolidaría os tres e oito escanos que ten actualmente no Congreso e no Parlamento de Galicia, respectivamente.
Por último, Manuel Baltar reiterou o agradecemento polo intenso traballo desenvolvido polo Comité de Campaña e a militancia, e destacou, como xa fixera na noite electoral, que o obxectivo do PPOU seguirá sendo traballar a prol das políticas de creación de emprego e a loita contra o paro. Na reunión da Xunta Directiva Provincial se ratificou tamén que o traballo está, agora mesmo, centrado nas Eleccións Municipais que se celebrarán dentro de 363 días.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Al menos en Orense capital esta interpretación está totalmente equivocada. ¿Motivo? Hay un grupo político llamado Democracia Orensana que tiene dos concejales y que no se presentó a las elecciones europeas. Así que id a engañar a otro sitio.

En las anteriores europas el PP sacó en la ciudad de Orense 2009: 20750 votos, 46,88%. En 2014: 12.552 votos con un 32,4 %. Es decir han perdido casi 15 puntos y el 40% de los votos

El PSOE, aunque ha bajado lo mismo, tendría muy fácil pactar con toda la izquierda, que ha compensado sobradamente su bajada.

Mucho mejor dejarse de monsergas, porque cualquiera puede salir a la calle y comprobar lo asqueada que está aquí la gente de los baltares, Rosendo y toda su pandilla de pelotas.

Anónimo dijo...

A moitos políticos ven lles viña unha visita ó oculista...

Anónimo dijo...

Es peor que lo que dice el primero. ¿De donde saca o Baltar estos datos sobre o concello de Ourense?

Si nos atenemos a datos de las municipales de 2011, el PP sacó en la ciudad el 38% de los votos, mientras que ahora ha sacado el 32%, sin que Democracia Ourensana se presentase (en 2011 DO sacó el 8% de los votos)

Resumiendo: la extrapolación dice que el PP sacaría ahora en Orense 8 ó 9 concejales, lo cual es sencillamente catastrófico e inédito en democracia. Nada rapaces, seguid así, que el PP va directo hacia la marginalidad política. Pero los pelotas del Nene siguen todos bien colocados en la Deputación diciéndole lo bien que lo hace y lo guapo que es.

Anónimo dijo...

A la vista de los datos, que NO son extrapolables, la situación en Ourense no es muy esperanzadora. Y si dentro de un año, con la que está cayendo respecto al PSOE y socios, no somos capaces de ganarles por mayoría las municipales, estaremos 25 años en la oposición, con todos los merecimientos para estarlo. Urge pensar qué se va a hacer con el candidato, y sobre todo, con el equipo. Estamos a tiempo pero hay que hacer las cosas bien. Si los nuestros van a votar, y todos votan a nuestra candidatura, habrá gobierno popular en Ourense en 2015. De lo contrario, el desierto asoma.

Anónimo dijo...

O das 9:37 ,mira eu o que escoito nas ruas e que todo dios quere a Benito Iglesias como candidato e eu despois de escoitalo iste luns en Telemino tamen .E punto pelota.

BETADINE dijo...

SI O BENITO, É O MELLOR, COLOCADO, ADEMAIS NON REPARA EN GASTOS PRA SAIR EN PRENSA...
EU VEXO O JESUSITO BEN COLOCADO, AO ROSENDO TAMÉN, COMO VEXO A SANTALICES..
O IMPORTANTE A CULPA DE TODO ISTO TENA O ROGELIO E OS COLLARTE..

O PP DE OURENSE TEMOS O MELLOR PRESIDENTE, JM BALTAR

HALA ATA LOGO O BENITO, NON O VEXOOO
EN TAL CASO, PRA PERDER, POÑEMOS O ROGELIO, E O CARALLO..

Anónimo dijo...

Los resultados en Ourense ciudad son un desastre,con un PSOE destrozado no somos capaces de vencer.Baltarín a lo suyo,a vender humo.