martes, mayo 20, 2014

O PPOU CELEBROU AS LETRAS GALEGAS EN PLENA CAMPAÑA DAS EUROPEAS

A carón da estatua de Eduardo Blanco Amor, na praza de Bispo Cesáreo, foi o lugar elixido polos populares ourensáns para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Xosé María Díaz Castro. Neste acto, o presidente local de Novas Xeracións, Jose Estévez; a concelleira Mónica Mourelo e Rosendo Fernández, leeron diversos poemas do escritor lucense de Guitiriz para rendirlle homenaxe e celebrar o día máis importante da literatura galega.

No hay comentarios: