miércoles, mayo 21, 2014

O PPOU ACELERA A CAMPAÑA DAS EUROPEAS

O PP de Ourense afronta a última semana da campaña electoral das Eleccións Europeas coa mesma intensidade no que a actos políticos se refire. A Pobra de Trives o escenario do mitin principal da undécima xornada electoral, que contou coas intervencións do presidente local da Pobra de Trives, Isauro Pérez; a eurocandidata Carmen Pardo, Agustín Hernández, así como de Manuel Baltar.
Manuel Baltar recalcou que "a comarca de Trives é a foto fixa da necesidade do desenvolvemento rural", sinalando ademáis que "dispersión, envellecemento e malas infraestruturas teñen un remedio: a Unión Europea", deixando claro deste xeito o determinantes que son as decisións tomadas no Parlamento Europeo para o desenrolo da nosa provincia. Manuel Baltar, durante a súa intervención, lembrou tamén que a comarca "ten peso de seu: precisa un plan específico e a Unión Europea será decisiva". De feito, o presidente provincial do PPOU, durante a súa argumentación sobre a importancia das políticas europeas para impulsar as potencialidades locais, enumerou: "Estación invernal, paisaxe, patrimonio e cultura... Trives o ten todo", para reafirmar que "si Europa gaña, Trives gaña". Concluiu Manuel Baltar proclamando que "o PP é o único partido que cree no futuro de Trives", contando, ademáis, coa oportunidade histórica de poder contar cunha europarlamentaria ourensá no hemiciclo de Bruselas, como é o caso de Carmen Pardo, quen se encargou de relatar en Trives as claves do programa electoral dos populares.

No hay comentarios: