jueves, mayo 29, 2014

O PP DE PONTEVEDRA ANALIZA O AVISO DOS CIDADANS

Rafael Louzán e Alfonso Rueda, reuníronse coa Xunta Directiva Provincal del PP de Pontevedrapara analizar e valorar os resultados electorais do pasado domingo. Ante os medios de comunicación Louzán recoñeceu que os partidos políticos, e en particular o PP, non pode obviar a chamada de atención que os cidadáns deron nas eleccións europeas para expresar o seu descontento.“Aínda que se trata de algo xeralizado, debemos poñernos mans a obra e traballar, porque os cidadáns xa nos deron un aviso”.
“A cidadanía segue confiando no PP como partido de goberno, pero a perda de votos que sufriu o PP e os case 20.000 votos brancos e nulos que houbo nesta provincia tamén nos esixe un cambio”. “Desde o minuto un, eramos conscientes das dificultades destas eleccións, porque a acción de goberno sempre leva consigo certo grao de desgaste e máis aínda cando toca xestionar unha situación tan complicada como a actual”, explica Louzán. “Con todo, O PP mantívose como a forza máis votada na práctica totalidade dos municipios, gañando en 60 dos 62 concello, un comportamento moi similar á que tivo no conxunto do Estado, pero aínda que é un contexto ben distinto e que levabamos tempo sen unha convocatoria electoral, hai preocupación”. “Faltan menos días para as eleccións municipais do 2015, unha cita que consideramos trascendental e onde imos enfocar o traballo a partir de agora”, dixo.
En canto ás demais formacións políticas, Louzán explicou que haberá que esperar a ver cal é a súa evolución a partir de agora. En canto a aparición de Podemos no panorama político, Louzán comentou que “haberá que esperar para comprobar cal é o seu percorrido. Hai que respectar a eses miles de cidadáns que apostaron por esa alternativa e saber cal é a súa preocupación e por que esto sucede”. Louzán explicou que este novo contexto político levará ao PP a facer “unha reflexión seria e poñernos a traballar”.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Si seguimos con la frase "el PP ha sido el partido más votado", y nos quedamos en la autocomplacencia, estamos listos. Hasy que profundizar en las razones por las que nuestro electorado tomó la decisión menos peligrosa: quedarse en casa. Podría optar por otras opciones que nos hubieran dejado absolutamente anonadados. Por tanto, profundicemos en las razones, conozcámoslas, y actuemos en consecuencia. En la vida no siempre se tiene una segunda oportunidad.

Anónimo dijo...

Louzán está en su derecho de sacar pecho por los resultados, que no son mejores que los que otras provincias. Pero su credibilidad está bajo mínimos mientras no explique algunas cosas que le afectan en Pontevedra.