lunes, mayo 12, 2014

O PP DE LUGO SIGUE DE CAMPAÑA SECTORIAL: SECTOR PESQUEIRO

Os populares lucenses lembraron que con Miguel Arias Cañete subiron un 15% de media as cotas pesqueiras. Así o puxeron de manifesto no contexto das actividades celebradas na Mariña e na que xunto a José Manuel Balseiro, estivo presente Rosa Quintana.
No encontro do PP de Lugo mantiveron co sector pesqueiro en San Ciprián, no que tamén participou tamén Joaquín García Díez; os representantes do PP amosaron a aposta clara do goberno autonómico por “unha política que garanta o futuro do sector, que permita organizar a actividade e obter maiores beneficios por desenvolvelas, sendo a maiores positiva para os portos”.
En concreto, Rosa Quintana puxo de manifesto o aumento dun 230% das vendas de xarda realizadas en Galicia pola flota do litoral, e que permitiu tamén ampliar a campaña de pesca para as embarcacións.
Deste xeito, reiteraron que con Miguel Arias Cañete as cotas subiron un 15% de media e deberá informarse, recalcaron, de que a Mariña, está a favor deste sistema de reparto de cotas. Dende o PP lucense explican que dende a provincia viron como a cota da pescada, a principal especie que se captura, aumentou un 50% para este último ano.
Os populares defenderon as xestións de Arias Cañete tras manter un encontro co Consello Rector da cooperativa dos Irmandiños, durante o que estiveron acompañados de mozos populares como mostra do apoio de Novas Xeracións e da xuventude popular ao sector primario, que se pode converter nunha importante fonte para a incorporación dos mais novos ao rural.

1 comentario:

Anónimo dijo...

e quen paga os viaxes en catamarán pola ría os de novas xeracións??? o lado deso a foto de Feijoó con Dorado non é nada.