lunes, mayo 05, 2014

O PP DE LUGO EN PRECAMPAÑA CON CARMEN PARDO

O Asador de Barreiros acolleu esta fin de semana un acto do PP de Lugo de cara aos comicios electorais do 25-M. Nun almorzo informativo, os populares lucenses reuniron a preto de 200 representantes do mundo empresarial, do comercio e do sector pesqueiro. Entre outros representantes políticos da provincia, estiveron presentes Alfonso Rueda, Carmen Pardo, José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro, quenes destacaron a importancia de apoiar ao PP o vindeiro 25 de maio para que a recuperación de España continúe.
Entre outros temas, os populares deron conta da importancia do sector pesqueiro na comarca e manifestaron que a pesca é una prioridade para o PP, polo que resaltaron as decisións apoiadas por España nesta materia, que lograron conseguir una política pesqueira europea beneficiosa para o país, que garantise a sostenibilidade desta actividade. Lembraron a aprobación dos regramentos da nova Política Pesqueira Común en condicións favorables para España, liderando as negociacións da reforma e garantindo a actividade da flota e consideraron vital que os intereses españois no Parlamento Europeo sexan defendidos por grupos cohexionados e con poder de negociación, que inclúan eurodeputados expertos en pesca.
Cerrou o acto José Manuel Barreiro quen afirmou que para que a recuperación de España continúe é necesario que o PP conte cunha ampla maioría o 25-M e instou aos españois a apostar por partidos fortes e candidatos preparados para lograr un Partido Popular Europeo potente. Resaltou Barreiro o papel de Miguel Arias Cañete, a quen definiu como “o candidato máis preparado e que mellor coñece as institucións europeas grazas aos seus anos de traballo como eurodeputado e ministro”.

No hay comentarios: