viernes, mayo 09, 2014

O PP DE LUGO DE CAMPAÑA NO SECTOR FORESTAL

O PP de Lugo reunirá este sábado en Vilalba a máis de 400 representantes do sector forestal procedentes de todos os concellos da provincia ao obxecto de participar nun almorzo informativo que, presidido por José Manuel Barreiro, contará coa presenza dos conselleiros de Medio Rural, Rosa Quintana e de Economía e Industria, Francisco Conde.
Os populares convidaron a profesionais do ámbito da corta, transformación e comercialización da madeira e dos seus derivados, empresas de biomasa e representantes das comunidades de montes de todos os concellos lucenses. O acto, está enmarcado dentro do calendario previsto para a campaña electoral de cara ao 25 de maio.
O acto iniciarase cunha intervención inicial a cargo de José Manuel Balseiro. Despois será a quenda dos representantes do a Goberno galego, Rosa Quintana, presentada por Joaquín García Díez, e despois Francisco Conde, presentado por Agustín Baamonde. Tras un saúdo do alcalde de Vilalba, Gerardo Criado o discurso de peche corresponde a José Manuel Barreiro.
Desde o PP de Lugo consideran que os distintos aproveitamentos dos nosos montes (madeira, biomasa e outros produtos forestais) constitúen un ámbito estratéxico para a nosa provincia que debe ser potenciado desde Europa. De feito a nosa é a provincia lucense con maior superficie forestal arborada e unha das que mellores exemplos de ordenación e xestión forestal ofrece.
Os populares queren que sexa un almorzo participativo, onde tras o relatorio inicial dos ponentes haberá unha quenda de preguntas, aberta ás suxestións dos representantes do sector convidados.

No hay comentarios: