viernes, mayo 23, 2014

O PP DE GALICIA PECHA CAMPAÑA EN A CORUÑA

O PP de Galicia pecha hoxe na cidade da Coruña unha campaña electoral durante a que celebrou máis de 600 actos por toda Galicia.
Con respecto a isto, Feijóo, participou en máis de 30 actos de campaña. A maioría deles desenvolvéronse por toda a xeografía galega, incluídas as sete cidades. Ademais, durante a última semana o líder do PPdeG tamén participou en actos no País Vasco, Cataluña e Andalucía.
O PP de Galicia plantexou o traballo de campaña das europeas con caravanas paralelas dos seus cargos e dos candidatos. Así, Alfonso Rueda, centrou o seu traballo durante a campaña na xeografía galega en máis de 30 actos electorais. Igual que a a voceira do PPdeG, Paula Prado, que acudiu a 32 citas cos cidadáns.
Pola súa banda, os candidatos, Francisco Millán Mon e María del Carmen Pardo, fixeron un traballo intenso achegando a mensaxe do partido aos cidadáns. Mitins, entrevistas, debates, encontros sectoriais ou paseos ocuparon a súa axenda durante os últimos 15 días.
De feito, Francisco Millán Mon, dende a pegada de carteis do pasado oito de maio en Pontevedra xunto ao presidente do PPdeG, acudiu a preto de 40 actos relacionados coa campaña electoral. A candidata María del Carmen Pardo acudiu a máis de 30 actos nas catro provincias galegas.
A campaña electoral trouxo a Galica, ademais, a algúns dos principais dirixentes do PP. Así, visitaron a nosa comunidade Mariano Rajoy, Esteban González Pons, Miguel Arias Cañete, Soraya Sáenz de Santamaría, Ana Pastor e Fátima Báñez.
Os populares animan á cidadanía a exercer o seu dereito ao voto e lembran que a abstención é a aliada daqueles que queren destruír a Unión Europea. Do mesmo xeito lembran aos electores que cada voto que non vai ao PP é un alivio para Rubalcaba, Valenciano e todos os que fixeron de España un problema para a UE.
Para o PPdeG cada proceso electoral supón unha celebración da democracia, da liberdade de elección e do respecto entre cidadáns maduros. Esta formación pecha unha campaña intensa con este balance, pero tamén co sabor agridoce de ter que lamentar o asasinato da presidenta do PP de León, Isabel Carrasco.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

UUUUUUUUU!!! AMAZING!!! jejeje.

Anónimo dijo...

en todas las fotos de este blog pareceis borrachos, no hay nadie que os diga algo??

Anónimo dijo...

Fraga llenaba el pabellón ,estos si lo llenan es con personas del extrarradio .Oiremos ,veremos ,estaremos atentos,seguro que nos hablan de la Virgen Maria ,pero de Europa nada ,no saben idiomas

Anónimo dijo...

A votar a Vox. Es lo que nos queda

Anónimo dijo...

Los telefonos de la sede del PP arden ,venga a llamar a presidentes locales del quinto pino para que vengan al mitin, bien Carlos ,muy bien ,siempre los mismos ,por favor que vaya una tele,veréis como siempre son los mismos ,a Carlos le quedan las municipales

Anónimo dijo...

Era la única foto en la que aparecía gente y pocos huecos ... aunque gente muy conocida ...