lunes, mayo 05, 2014

MILLAN MON VOLVE A XUNTA DIRECTIVA DO PP DE PONTEVEDRA

Francisco Millán Mon volveu a la Xunta Directiva provincial de Pontevedra, onde asegurou que confía nos resultados das vindeiras eleccións europeas, xa que cre que o pobo aplicará o sentido común e non lle dará as costas o 25 de maio ao partido que evitou o rescate de España. Millán Mon cre que os cidadáns son conscientes de que o Partido Popular, tanto en Galicia como en España, actuou con rigor e responsabilidade, aplicando as reformas necesarias para facer fronte á crise e, no caso do Estado, para evitar o rescate.
Con respecto a isto, apuntou que sería inxusto premiar aos que levaron ao país ao borde do abismo ou aos que están máis preocupados en apoiar aventuras soberanistas que nos intereses e prioridades dos cidadáns.
Por outra banda, o candidato fixo fincapé na importancia que ten a Unión Europea na vida cotiá dos cidadáns, lembrando que non se trata dun ente alleo e afastado, senón dunha entidade supranacional cuxas decisións e accións afectan directamente a cada un dos seus membros. Neste senso, lembrou, por exemplo, as competencias da UE en materia de pesca, agricultura e gandería, financiamento europea, comercio exterior, industria, innovación, medio ambiente, competencia, entre outros.
Así mesmo, o dirixente popular tamén se detivo na importancia para a economía galega das negociacións de acordos comerciais que está efectuando a Unión Europea con distintos países.
Por este motivo, Millán Mon ve necesario loitar contra a abstención e que os cidadáns vaian votar o 25 de maio en mans de quen queren deixar o seu futuro con Europa nos próximos cinco anos. Baixo o seu punto de vista, "non podemos permitirnos o luxo de que sexan outros os que decidan por nós en Bruxelas". Con respecto a isto, matizou que o Parlamento Europeo é un lugar onde son determinantes os grandes grupos. Por iso, subliñou a importancia de apostar por grandes partidos, como o PP, que dispón dun proxecto sólido para Europa e dun programa electoral que responde ás necesidades dos cidadáns e que é o grupo maioritario.
Rafael Louzán, arpoveitou a presenza dos dous candidatos galegos ás eleccións europeas, Francisco Millán Mon e Carmen Pardo, na Xunta Directiva Provincial para animar a todos os alcaldes e presidentes locais a mobilizar ás Xuntas locais do partido de cara aos próximos comicios e co fin de evitar a abstención.
Louzán explicou que se tratan dunhas eleccións importantes para o PP non só pola importancia que ten garantir o avance das políticas postas en marcha co fin de recuperar económicamente este país senón tamén a nivel interno, para a confianza do partido, como espaldarazo á xestión realizada e como punto de inflexión de cara ás eleccións do próximo ano. “Debemos centrar os nosos esforzos en lograr mobilizar a todos os equipos que forman cada xunta local desta provincia: concelleiros, interventores, apoderados, afiliados e tamén a familiares e amigos comprometidos coa forma de facer política que os galegos elixiron maioritariamente en todos os comicios celebrados nos últimos anos”. “As enquisas indican estes días que as eleccións de 2014 van ser as eleccións con maior abstención da historia, polo que hai que traballar con tesón para lograr unha participación masiva e mobilizar a todos cantos confían na nosa política como eixo de futuro de Galicia, de España e tamén de Europa..

3 comentarios:

Anónimo dijo...

de los Mon de Pontevedra de toda la vida...

Anónimo dijo...

Cuñaaaaaooooo.

Anónimo dijo...

Con mi voto no te pillas ese sueldazo!!!