martes, mayo 20, 2014

MANUEL BALTAR METE O RIBEIRO NA CAMPAÑA

Despois do acto central da campaña electoral do PPOU na cidade das Burgas con 1.500 persoas presentes no mitin, os populares ourensáns continúan coa súa actividade de cara ás Eleccións Europeas
A principal cita foi en Ribadavia, cun mitin na Casa da Cultura onde exerceu de anfitrión o presidente local e portavoz municipal do PP, César Fernández Gil, quen lembrou a fundamental importancia que cobran as políticas europeos en sectores estratéxicos e claves para a comarca do Ribeiro como é a agricultura e a viticultura en particular, algo no que tamén incidiu Agustín Hernández.
Manuel Baltar, lembrou que "o número 1 da nosa candidatura, Miguel Arias Cañete, coñece como ninguén o noso sector primario. Defenderá ao Ribeiro". Ademáis, Baltar  abundou na necesidade de que as políticas que se apliquen dende Bruselas se baseen no rigor e na xestión: "Europa é planificación e progreso, as siglas do noso partido: PP". Tamén o presidente provincial sinalou, ao igual que a eurocandidata Carmen Pardo, a importancia que tivo Europa para o desenrolo da provincia nos últimos anos: "Ourense importa. Europa o sabe".

No hay comentarios: