martes, mayo 13, 2014

LOUZAN RESUME O SENTIR DO PP ANTE O ASASINATO DE ISABEL CARRASCO

Rafael Louzán cualificou de barbarie o cruel asasinato da titular da Deputación de León, Isabel Carrasco, á que coñecía persoalmente e de quen destaca a súa capacidade de traballo e a súa entrega e compromiso cos concellos da provincia."Teño un moi grato recordo de Isabel Carrasco, con quen compartín moitas horas de traballo tanto en relación a asuntos de interese da administración local como no ámbito do partido ao que ambos os dous pertencemos".
Para Louzán "resulta difícil de asimilar e comprender que se poida chegar a unha crueldade de tal magnitude", cun asasinato en plena rúa que causa "estupor e consternación". "Desde Pontevedra quero transmitir o meu máis sincero pésame e toda a miña solidariedade aos seus familiares e amigos, que están a pasar por un trance sumamente difícil", "non se pode tolerar que estas cousas sucedan" e amosou a súa confianza en que se "esclarezan pronto os feitos".

No hay comentarios: