lunes, mayo 12, 2014

IMPRESIONANTE ACTO DO SECTOR FORESTAL DO PP DE LUGO

Multitudinario almorzo informativo organizado polo PP de Lugo na capital chairega con representantes do sector forestal. Máis de 400 asistentes, entre os que se atopaban representantes da corta e transformación da madeira, biomasa e comunidades de montes, así coma, membros do goberno galego, o presidente e o secretario dos populares lucenses debatiron sobre a importancia do sector forestal.
O encargado de abrir o acto foi José Manuel Balseiro, quen o definíu como un espazo para explicar a acción do goberno neste ámbito e dar conta da visión “que no PP temos deste sector e a súa repercusión na UE”. A continuación foi a quenda para os responsables da Administración Autonómica quenes resaltaron a importancia deste sector na provincia de Lugo e a coordinación entre os seus departamentos para poñer en marcha iniciativas claves neste ámbito.
No tocante ao orde de intervencións, primeiro, foi a de Rosa Quintana,  a conselleira destacou que os 70.000 postos de traballo demostran a importancia do sector forestal en Galicia e Lugo, sendo 20.000 directos e 50.000 indirectos. Salientou que a provincia de Lugo conta coa superficie forestal máis elevada de Galicia, con máis de 656.000 hectáreas, o que supón máis do 34% do total galego. Por último, explicou que o Goberno galego leva mobilizado investimentos no sector forestal por máis de 55 millóns de euros.
O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, resumiu o acto como “unha xuntanza na que puidemos avaliar cal é a situación e, sobre todo, o futuro da industria forestal galega”. O Titular de Economía comezou a súa intervención destacando a importancia do sector forestal en Galicia, un sector que sempre reclamou unha consideración como industria.
Pechou o acto José Manuel Barreiro, quen calificou de estratéxico este sector e pedíu aos asistentes que o 25 de maio acudan as urnas e voten ao PP. Dixo Barreiro que “creemos nesa filosofía de partido, de preocuparse polo que realmente interesa ao conxunto da sociedade”, e polo tanto, rebelou que tamén considera relevante o sector forestal, como garantía de futuro. “Ademais é un sector moi directamente vinculado co que vai pasar no próximo día 25, dado que os fondos para actuar sobre este sector veñen directamente de Europa”- esgrimíu Barreiro, quen lembrou que se fixeron reflexións moi atinadas polos representantes do sector e do goberno.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Si a policía tivese tempo para vixiar as chamadas que se fan desde Madrid a Lugo vía teléfonos públicos e sempre desde distintos teléfonos ,outro galo cantaría ,sábenas todas e xa non usan o móbil nin para chamar á súa familia ,pobre Lugo.