lunes, mayo 05, 2014

CELEBROUSE O CONGRESO LOCAL DO PP DE TOEN

Celebrouse o Congreso Local do PP en Toén. Amancio Antonio Cid Pérez, candidato único, foi elixido presidente local por unanimidade dos compromisarios que participaron neste proceso. O presidente local iniciou a súa intervención tras coñecerse o escrutinio agradecendo o apoio sen fisuras amosado á candidatura que encabeza. No tocante ás propostas de futuro para o PP local, Amancio Antonio Cid Pérez sinalou que a súa principal meta é "dinamizar o partido, mantelo vivo e con excelente saúde, e sobre todo abrilo á xente, en especial aos máis novos. No PP de Toén cabe calquera persoa con ganas de traballar e que rexeite a violencia e a intolerancia".
Tamén da boa saúde e do intenso traballo que está levando a cabo o PP de Ourense renovando as xuntas locais falou Jesús Vázquez Abad, membro do Comité Executivo do PP de Galicia, durante a súa intervención ante os militantes e afiliados populares de Toén.
Pola súa banda, Manuel Baltar, no discurso de clausura do congreso local número 46 dos celebrados ata a data de hoxe, lembrou que a intensidade no traballo dos populares é constante, independientemente da cercanía ou non de citas electorais. "O PP de Ourense é a forza gañadora desta provincia, e ninguén dubida que somos o partido que aglutina a confianza maioritaria de tódolos ourensáns, e así o demostraremos con cifras o vindeiro 25 de maio".

No hay comentarios: