jueves, mayo 08, 2014

CARGA DE TRABALLO POR TRINTA MESES

Feijóo agradece o compromiso de Rajoy, e da Sepi con Navantia Ferrol, posto que, desde o ano 2006, lembra, o estaleiro de Ferrol non contaba con ningún pedido por parte do Executivo central. “Hoxe, sen ningunha dúbida, é unha boa noticia para Ferrol; e, falar de Ferrol, é falar dunha boa noticia para Galicia”.
O barco que se construirá nas gradas ferrolás será un buque de acción marítima (BAM) que, segundo a Sepi, vai ocupar 1,1 millóns de horas de traballo, terá un prezo aproximado de 200 millóns de euros, un período de execución de 30 meses e podería supoñer 500 postos de traballo.
Feijóo explica que, con este pedido, neste momento Navantia conta con carga de traballo “para os próximos 30 meses por un total de 400 millóns de euros” o que supón “cambiar o horizonte deste estaleiro cara a un horizonte despexado”

2 comentarios:

mr jiminy cricket dijo...

Gran noticia para toda la comarca de Ferrol, y muy especialmente para la ciudad. Esperemos que sea el principio de un nuevo renacer.

Anónimo dijo...

Canto fódelles a nova aos sociatas de merda!!!!!!!!!!!!!