lunes, mayo 19, 2014

CAMPAÑA DO PP NA MARIÑA LUCENSE

En sendos mítines en Cervo e Foz, nos que estiveron presentes o candidato galego ás europeas, Francisco Millán, Alfonso Rueda e demáis representantes políticos da comarca, os populares resaltaron a importancia da pesca na comarca de A Mariña e lembraron que con Arias Cañete incrementouse a cuota da pescada.

José Manuel Barreiro achacou esta acción á capacidade de negociación e á influencia do ex ministro na Unión Europea, quen, por primeira vez na historia, logrou que, en dúas ocasións e dentro dun mesmo ano, aumentase esta cuota. Ademais, dixo que con Arias Cañete, conseguiuse unha flexibilización do estrito calendario que se presentaba para a prohibición dos descartes e evitouse que se prohibise as artes de enmalle e arrastre nas pesqueiras de augas profundas.

No hay comentarios: