lunes, mayo 12, 2014

ANA PASTOR COMENZOU A CAMPAÑA EN PONTEVEDRA

Ana Pastor escolleu Pontevedra para comezar a campaña electoral e fíxoo nun paseo pola cidade acompañada de Telmo Martín, Dolores Pan, Jacobo Moreira e a secretaria provincial, Rocío de Sinde, ademais de concelleiros do grupo municipal do PP.
Ana Pastor foi recibida polo candidato ás eleccións europeas, o tamén pontevedrés, Francisco Millán Mon, que tras conversar uns minutos con compañeiros de partido abandonou o paseo para participar nun acto en Chantada.
A titular de Fomento comentou que "hai que explicarlles aos cidaddáns a importancia de participar nestas eleccións porque Europa é importante para Galicia. Éo pola agricultura, pola pesca, pero tamén en materia de infraestruturas, porque é importante xestionar convenientemente os fondos europeos para que cheguen a Galicia todas as infraestruturas que aínda precisamos".
Despois de conversar cos medios de comunicación, os populares comezaron un percorrido pola cidade no que atenderon a todos os cidadáns que os requerían e repartiron material electoral.

No hay comentarios: