martes, abril 08, 2014

REUNION SECTORIAL DO PP DO DEZA

Enrique López Veiga e Mariel Larriba reunironse na sede popular lalinense nun encontro con alcaldes e representantes de cooperativas, no que estaba presentes Xosé Crespo, o deputado autonómico, Román Rodríguez, para abordar a Lei da Cadea Alimentaria, pendente aínda de desenvolver o seu regulamento. López Veiga defendeu que se trata dunha lei máis completa e superior á prevista polo anterior executivo, ao incorporar figuras como a Axencia Central Alimentaria ou o mediador. Explicou que fai referencias a lexislación xa existente, sobre competencia desleal e morosidade, polo que é necesario aprender a traballar con ela. Afirmando que esta lei asegura un control exhaustivos dous custos de produción e prezos, porque se reforzan ás organizacións interprofesionais, permite negociacións colectivas e pódese recorrer a un mediador se non hai acordo de prezos.
López Veiga recomendou que as entidades representativas do sector agrario refórcense, ao ir a un mercado liberalizado coa desaparición das cotas. Nesa liña, considérao unha oportunidade para unha expansión da produción, pero advirte de que o sector produtivo reorganizarse en cooperativas cada vez máis potentes, aumentar a tendencia cooperativa incluso con entidades interrexionais para ter máis potencia de negociación, aludindo ao desequilibrio tradicional no mercado entre compradores e produtores.
López Veiga tambén destacou o labor de coordinación que veñen facendo tamén coa consellería, e con reunións como a de onte para coñecer de primeira man as inquietudes que lles traslada o sector. Nesa liña, apuntou a acortrar tempos administrativos, impulsar as parcelarias, para impulsar a un dos principais sectores produtivos galegos, como é o lácteo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Que gran presidente da Xunta habría sido Veiga! honesto, asentado, experimentado, campechano, preparado...non estos birretes oficinistas do carallo!

Anónimo dijo...

Por certo... e para cando a Lei da Cadea Alimentaria, non será por anos enriba da mesa...