martes, abril 15, 2014

REUNION DE TRABALLO DO COMITE DE CAMPAÑA DO PPOU CIDADE

A sede provincial do PP de Ourense acolleu onte a tarde unha reunión de traballo do Comité de Campaña da Cidade, destinada a ultimar os actos correspondentes á precampaña e campaña das Eleccións Europeas do vindeiro mes de maio.
Este equipo de traballo desenvolve a súa actividade en coordinación co Comité de Campaña Provincial, o primeiro de Galicia en ser constituido, o pasado 18 de decembro de 2013. Todo o peso da organización, preparación e desenrolo da campaña que levará a cabo o Partido Popular de Ourense pasará por este Comité de Campaña, en coordinación co específico da cidade, reunido hoxe e no que están integrados todos os membros do Grupo Municipal do PPOU no Concello de Ourense.
Os integrantes do Comité de Campaña do PPOU na Cidad son: Responsable Político: Rosendo Luis Fernández Fernández, Coordinadores de Campaña: Jorge Pumar Tesouro (coordinador a nivel provincial) e Aurelio Gómez Villar, Xerente de Campaña, responsable de Medios e Publicidade: Luis Vergara Gómez, Responsable de Formación (apoderados e interventores): Belén Iglesias Cortés, Responsables de Mobilización Electoral: Miguel Abad Vila, José Luis Valcarce Baiget e María Amelia Fernández Rey, Responsables de Voto por Correo e CERA: Mónica Mourelo Pérez e Rubén Salgado Blanco, Responsable de Comunicación: Lorena Crespo Martín, Responsables de Actos Públicos: José Araújo Fernández, José Antonio Estévez Gómez e José Manuel Rodríguez Cumbrado, Responsables de Actos Sectoriais: Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa González, Bernardino González Vázquez e Roberto Bermúdez Piedra, Responsable de Asesoría Xurídica: María del Carmen Carballo Fernández, Responsable de Novas Xeracións: Yolanda Barrio García, Responsables de Novas Tecnoloxías: Patricia Domínguez Barja e Lucas Iglesias Mariño e Responsable do Programa Electoral: Beatriz González-Tejada Jácome

No hay comentarios: