miércoles, abril 30, 2014

PREPARANDO AS EUROPEAS CO PP DE O BARCO

O PP de O Barco de Valdeorras acolleu o luns unha reunión preparatoria para deseñar os actos que se incluirán na próxima campaña electoral para as Eleccións Europeas. A reunión culminou a rolda de contactos cos sete partidos xudiciais da provincia. Nestes encontros, presididos polos coordinador da campaña do PPOU, Jorge Pumar, participaron tamén os membros do equipo de mobilización electoral do Comité de Campaña: Carmen Leyte, Cristina Romero, Ana Belén Vázquez e Mónica Mourelo, así como os alcaldes, portavoces municipais e presidentes locais do PPOU. Paralelamente a estes encontros, tamén se desenvolveron reunións cos diferentes presidentes de distritos da cidade, encamiñadas a fixar os actos que conformarán o calendario da vindeira campaña electoral, que contará cun mínimo de dous eventos diarios.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Buen trabajo del Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar cada dìa más fuerte.