miércoles, abril 16, 2014

O PP PRESENTA EN EUROPA UNHA CANDIDATURA SERIA

Feijóo cre que os cidadáns deben preguntarse quen poderá defender mellor os seus intereses. Con respecto a isto, pediu aos alí presentes que imaxinasen como se quedaría un parlamentario europeo cando coñeza a algún deputado do PSOE e saiba que formou parte dun Goberno que puxo a España no punto de mira en Europa ou cando vexa que os que se erixen en representantes de Galicia comparten escano con Bildu.
Do mesmo xeito, imaxinou a súa sorpresa se oíse a un anti-sistema galego defender a supresión de todo tratado de funcionamento da Unión Europea. Con respecto a isto, cre que ningún cidadán desexa que España volva a ser irrelevante en Europa ou a volvan a poñer ao borde do rescate.
Por iso, puxo en valor a experiencia do cabeza de lista dos populares, Miguel Arias Cañete, que non vai a precisar ningún guía no seu primeiro día en Europa que lle ensine quen é quen.
Do mesmo xeito, louvou a carreira do candidato galego, Francisco Millán Mon, xa que dous terzos da súa traxectoria profesional se desenvolveron en Europa, polo tanto, xa conta con experiencia e non vai ir ao Parlamento Europeo a aprender. Así mesmo, destacou a figura de María del Carmen Pardo como candidata por Galicia e lembrou que foi parte do xermolo do proxecto da eurocidade Verín-Chaves.
Así, os populares contan cunha candidatura de xente preparada e capaz de moverse con soltura por Bruxelas, que coñecen e son coñecidas en Europa, e dunha enorme capacidade, fronte a candidaturas de persoas que aspiran a un retiro dourado, que teñen toda a materia comunitaria por aprender e que desprezan o proxecto europeo.
Segundo Feijóo, coa súa candidatura, o PP ten a posibilidade de gañar as eleccións, de contar cunha ampla maioría que lles permita seguir defendendo os intereses de Galicia e de España nas institucións comunitarias e participar no Goberno de Europa. Destacou que cada voto conta para que defendan os intereses de Galicia na UE persoas preparadas, para recuperar o prestixio de España, para que o Goberno de Europa poida contar cun dos nosos e para que os que meteron a España na peor crise que se recorda, e tamén os que os apoiaron durante 8 anos, non crean que xa está esquecido.
Por outra banda, Feijóo fixo fincapé en que cada día que pasa xoga na contra do resto de partidos porque, canto máis explique o PP o que vai facer na UE, máis se notará que fronte a el non hai ideas claras. E canto máis sexa escoitado e valorado o PP en Europa, máis se recordará que ata hai non tanto tempo España era un país do que había que apartarse.
Ademais, cada día que pasa xoga na súa contra porque, canto máis se escoite falar a Miguel Arias Cañete, máis quedará en evidencia a evanescencia do PSOE. Neste senso, fixo fincapé en que cada día está máis lonxe o recordo do rescate, o déficit e a débeda insoportables, o perigo de quebra dos servizos públicos. Ademais, lembrou que a España xa ninguén a recorda polas frivolidades do seu Goberno. Por iso, segundo Feijóo, para que Galicia e España avancen é importante que “a negra sombra retroceda”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Jajaja, pero alguien conoce a este tal millan?

Esto es lo de siempre, cuñaaaaaooo.


Votare VOX, quedarse en casa es regalaros el voto para que me sigais estafando y expoliando.