miércoles, abril 09, 2014

O PP PIDE A DIMISIÓN DO ALCALDE DE OURENSE

O Grupo Municipal do PP de Ourense ofreceu onte unha rolda de prensa para anunciar que solicitaron un pleno extraordinario. Tendo en conta o expediente iniciado de cobros indebidos, devolución de aval e liquidación de cuota de urbanización, por parte do Alcalde debido á obriga de realizar as obras de urbanización na Rúa Clara Corral Aller, e visto que estas obras de urbanización foron realizadas polo Concello con fondos públicos a través do Plan E. O que se suma que foi imposible realizarlle o Alcalde ningunha pregunta na sesión plenaria do 4 de abril de 2014 debido ao incidente protagonizado pora Concelleira Soto Vázquez. O PP de Ourense sonsidera necesaria unha explicación pública do Alcalde de Ourense e un debate sobre o seu proceder, explicación e debate que deben producirse no marco do Pleno Municipal. Por todo o Grupo Municipal solicitou a convocatoria dun Pleno de carácter extraordinario, xa que se cumpre o requisito de estar apoiado por máis da cuarta parte dos concelleiros da Corporación Municipal.
O PP quere que o Alcalde de Ourense informe ao Pleno e a todos os cidadáns sobre o seu expediente de cobros indebidos (devolución aval e liquidación de cuota de urbanización) por urbanizar o Concello a Rúa Clara Corral Aller a través do Plan E.
O PP tamén require que o Pleno pida o Alcalde a súa dimisión como Alcalde e membro da corporación.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Palabras, nada más.

Anónimo dijo...

Será dinero público, algo más; del que se benefició el alcalde y que el PP está encima. ¡Cómo debe ser!