jueves, abril 10, 2014

O PP LOCAL DE PONTEVEDRA EN PRECAMPAÑA

A Xunta Local do PP de Pontevedra abriu oficialmente a precampaña as europeas coa celebración dunha reunión á que asistiu Alfonso Rueda, e que estivo presidida por Telmo Martín. Na xuntanza Alfonso Rueda, transmitiu a súa confianza absoluta en que o PP volverá ser con contundencia a forza política máis votada na cidade de Pontevedra.
Os responsables do partido atópanse organizando toda a estrutura necesaria para os comicios, tanto para a realización de actos e actividades electorais, coma para o desenvolvemento da xornada do 25 de maio, con interventores, apoderados e coordinadores en número dabondo como corresponde á forza política máis votada historicamente en Pontevedra.
Dende a última cita coas urnas, nos comicios autonómicos de 2012, o peso mediático do PP na cidade recaeu sobre o grupo municipal que dirixe Jacobo Moreira, o que nas próximas semanas se combinará coa actividade orgánica e as mensaxes electorais e de partido. Ante este novo proceso, pedirán un esforzo de mobilización especial a militantes e simpatizantes dada a obrigatoriedade de realizar unha campaña austera, acorde coa conxuntura económica xeral.

1 comentario:

Anónimo dijo...

El PP de Pontevedra está desaparecido con un alcalde, el Sr. Lores, que fácilmente alcanzará su quinto mandato y los veinte años de gobierno en Pontevedra.