lunes, abril 28, 2014

O PP DE OURENSE PRONUCIASE SONRE OS PARTIDOS XUDICIAIS

O PP de Ourense reuniu os responsables locais do PP nos concellos da provincia e a Manuel Baltar, para facer un pronunciamento sobre o escenario que debuxa o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial coa posible desaparición dos actuáis partidos xudiciais existentes en Ourense.
De xeito unánime opóñense rotundamente a esa previsión do anteproxecto, impulsando iniciativas políticas que demanden unha reconsideración do Goberno respecto desta cuestión ou a súa rectificación no longo proceso de tramitación parlamentaria que queda por diante coa aprobación das emendas correspondentes.
Os responsables populares aluden a unha serie de peculiaridades e especificidades propias da provincia de Ourense, como a dispersión xeográfica, o envellecemento da poboación e mesmo características orográficas que dificultan en moitos casos os desprazamentos á capital da provincia, cuestión que vai en contra do dereito cidadán de acceso a unha tutela xudicial efectiva como garante o artigo 24 da Constitución Española.
O achegamento e cercanía da administración de Xustiza ao cidadán debe ser un feito irrenunciable, contemplando tamén os problemas que se derivarían da desaparición dos actuais partidos xudiciais non sólo para os cidadáns senón tamén para os profesionais da xustiza, avogados e procuradores, concellos, etcétera.
O PP de Ourense cree que os esforzos feitos polo goberno autonómico nos últimos anos en materia de infraestruturas xudiciais, sexan construcións, reformas ou ampliacións, son investimentos feitos na dirección desexada de cercanía e áxil servizo de xustiza para os cidadáns en tódolos partidos xudiciais da nosa provincia de Ourense.

No hay comentarios: