martes, abril 01, 2014

O PP DE OURENSE ESCAPA DE SHOWS

O PP de Ourense finalmente non acudiu á reunión convocada polo portavoz de Democracia Ourensana. Pese a que nun principio os populares se amosaron dispostos a falar da situación do goberno municipal para tratar de buscar unha solución consensuada, a negativa do voceiro do grupo minoritario da Corporación a contemplar outras posibilidades que recolle a lexislación vixente no tocante ao cambio de goberno (o señor Pérez Jácome só centra os seus argumentos na moción de censura) impide un consenso previo. Tamén se rexeitou a proposta dos populares de abrir a reunión a tódolos grupos e que esta tivese lugar en dependencias municipais.
Os populares siguen defendendo como opción máis válida o goberno de concentración, "ante a situación de emerxencia municipal na que nos atopamos, cun equipo de goberno que somete á cidade nun marasmo paralizante sen precedentes, todos deberíamos ser responsables na búsqueda de solucións e vestir a camiseta de Ourense cun obxectivo común. Se esta fórmula é válida noutros concellos, por que non aquí?", sinala o portavoz dos populares ourensáns. "Esta cidade non está para máis representacións teatrais e shows televisivos", conclúe Rosendo Fernández.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

El misterio del elefante:

https://www.youtube.com/watch?v=HH9ltMAOu5E

Anónimo dijo...

Es verdad que Jácome y Compañía (Sociedad Limitada, de momento), está por los shows, pero hay que considerar que es concejal porque lo ha elegido la ciudadanía. Nadie pensaba en la posibilidad de que obtuviera 2 escaños y ahí está. Y como no se hagan las cosas bien (que aún se está MUY a tiempo de hacerlas), tal vez llegue a aumentar su representación. Ello dejaría en muy mal lugar a los que -en partidos supuestamente más serios- no acaban de conectar con la ciudadanía. Porque no nos engañemos: en este momento, y de cara a las próximas municipales, si el PP no consigue el apoyo mayoritario de los vecinos y vecinas de Ourense, con la que está cayendo, no alcanzará el poder ni en 25 años. Así que, cuidado con los Jesusitos y los Pepitos y otros itos (e itas, que también las hay).

Anónimo dijo...

Polyyyyyyyyy ....,onde andas que apareces nos papeles do xornal o País e nos regalos da Pokemon!!!!!!!Eres famoso Polyyyyyyyyy!!!!!!!!!!!