martes, abril 29, 2014

NOVA EXECUTIVA NO PP DE FORCAREI

Belén Cachafeiro Anta foi elixida presidenta do PP de Forcarei nun congreso o que asistiron Rafael Louzán, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, a deputada nacional, Irene Garrido, a secretaria provincial, Rocío de Sinde, así como os alcaldes de Cerdedo, A Estrada ou Cotobade. A mesa do Congreso estaba presidida por Javier Tato Arca, posto que se aprobou que a compuxeran as mesmas persoas que formaron o Comité Organizador do Congreso. O Comité executivo encabezado por Belén Cachafeiro está formado por un total de 22 persoas, entre os que figuran: Javier Tato, Ricardo Villaverde, Marta Gulías, José Francisco Bouzas, Mª Jesús Sineiro, Rosa Varela, José González, Vicente Búa, Alejo Vidal, Ana Isabel Fiestras, Bautista Alberte, Isabel Campos, Julia Quinta, Ángel Varela, manuel Arca, Mª Soledad López, Jesús Cortizo, José Manuel García, Mª Asunción Darriba, José Antonio Sanmartín e Ana Gaitero.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Dedocráticamente, por supuesto.