martes, abril 01, 2014

MOLDES PRESIDIRA O PP DE POIO

Ángel Moldes, o actual voceiro do PP de Poio, será o único candidato a presidir o PP local tras entregar os apoios esixidos. En total foron 93 os apoios presentados por Moldes, 43 máis dos necesarios, e entre eles o de todos os edís do Grupo Popular, o dos expresidentes locais, os de Novas Xeracións, así como o de decenas de afiliados da localidade.
Moldes naceu en Poio en 1980, é profesor de seguridade vial e concelleiro en Poio desde 2007. En 2012 formou parte das listas do Partido Popular pola provincia de Pontevedra ás eleccións autonómicas. É o actual voceiro do PP de Poio trala dimisión de Javier Domínguez Lino.
Os trámites ata a celebración do congreso, o próximo 12 de abril, inclúen además a presentación da candidatura completa avalada por 50 afiliados, algo que terá que realizarse antes do 10 de abril para cumprir con todos os requisitos que marca o regulamento.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Profesor de seguridad vial... Otro chupoptero...