miércoles, abril 30, 2014

MILLAN MON EN A CORUÑA

Francisco Millán Mon participou nun encontro organizado polo PP provincial da Coruña, onde tamén estivo presente a candidata María del Carmen Pardo e Carlos Negreira. Alí, Millán Mon reivindicou a importancia da Unión Europea, cada día máis presente na vida cotiá dos cidadáns, e a relevancia das próximas eleccións, xa que coinciden cun momento clave tanto para Europa como para España e Galicia. E advertiu hoxe que “non podemos permitirnos o luxo de que sexan outros os que decidan por nós en Bruxelas”, apelando á participación nos vindeiros comicios do 25 de maio.
Millán Mon asegurou que seguirá defendendo ante a Unión Europea os intereses e as prioridades de Galicia. Neste senso, lembrou cómo se conseguiu nesta lexislatura, grazas tamén aos Gobernos de Rajoy e de Feijóo, que Bruxelas garanta unha rede de seguridade para Galicia, tras saír das comunidades Obxectivo 1 da UE. Así, os galegos beneficiaranse dunha aterraxe suave dos fondos europeos e seguirán percibindo un importante fluxo de financiamento en fondos estruturais e de investimento.
Ademais, comprometeuse a seguir defendendo unha Política Agrícola Común, positiva para os agricultores e gandeiros, e a promoción dos viños de calidade galegos. Do mesmo xeito, asegurou que os populares seguirán pendentes da Política Común de Pesca, cuxo rumbo xa se puido corrixir, e das súas prioridades para os vindeiros anos. Por outra banda, prometeu seguir velando polo sector industrial e polo financiamento que demandan as pequenas e medianas empresas do país.
No relativo ao sector naval, tan importante na provincia da Coruña, Millán Mon indicou que os populares se asegurarán de que teña un horizonte despexado, despois das penalidades orixinadas polo procedemento contra o ‘tax lease’. Con respecto a isto, o candidato agarda que en 2015 se levanten as restricións impostas a Navantia ao longo dunha década.
A nivel cultural, o dirixente popular asegurou que os populares seguirán prestando atención ás rutas culturais europeas, e en especial á primeira delas, o Camiño de Santiago. Con respecto a isto, celebrou que o próximo Crossroads of Europe se celebre en Ferrol en xuño, a cuxo éxito contribuíu.