jueves, abril 10, 2014

GOMEZ BESTEIRO INCUMPLE A LEXISLACION ELECTORAL

A normativa vixente prohibe de xeito taxativo a realización de calquera acto de inauguración de obras, servizos públicos ou proxectos, desde a data de convocatoria das eleccións, isto é, desde o pasado 1 de abril. Pero algún non a respeta.
O alcalde de Guitiriz, Xose María Teixido denunciou onte que o presidente da Deputación de Lugo, Gómez Besteiro incumpriu a lei electoral coa inauguración o pasado luns do parque biosaudable de Pígara.
O acto ilegal adquire especial relevancia tendo en conta que Besteiro non só é o presidente da Deputación de Lugo senón tamén o secretario xeral dos socialistas galegos e que, polo tanto, este comportamento podería responder a unha estratexia premeditada do PSOE para burlar a lei e buscar réditos electorais alí onde son oposición.
Besteiro acompañado da tamén deputada provincial, Regina Polín, achegáronse ata Guitiriz para participar neste acto tras o remate das obras do parque. Dáse a circunstancia de que Gabinete de prensa da Deputación remitiu unha nota e unha foto na que dan conta da inauguración e pode verse a Besteiro acompañado dun grupo de veciños.
Por si o incumprimento da lexislación electoral fora pouco Teixido tamén quixo denunciar a falta de respecto institucional do presidente da Deputación que acude a un acto ao seu concello sen comunicalo previamente, e sen realizar a correspondente invitación formal, que é proceder habitual cando un membro doutra administración fai unha visita institucional o seu concello.

No hay comentarios: