lunes, abril 14, 2014

FEIJOO CLAUSURA DOUS CONGRESOS LOCAIS DO PPOU

O PP de Ourense celebrou xa os congresos locais números 40 e 41 en Porqueira e San Cibrao das Viñas. Susana Vázquez Dorado e Manuel Pedro Fernández Moreiras, candidatos únicos, foron elixidos presidentes locais por unanimidade dos compromisarios en Porqueira e San Cibrao das Viñas, respectivamente. Ambas citas congresuais foron clausuradas por Feijóo.
No Congreso Local do PP de Porqueira, a presidenta electa agredeceu o apoio recibido e destacou que a nova Xunta Local dos populares "conxuga á perfección xuventude con veteranía, con representantes de todos os pobos do municipio". Susana Vázquez Dorado destacou como compromiso fundamental "seguir cos éxitos que vimos acadando dende o ano 2003, subindo en todas e cada unha das citas electorais o apoio para o Partido Popular".
Pola súa banda, en San Cibrao das Viñas, o presidente local electo, que tamén atesora o respaldo sen fisuras da militancia, articulou o seu discurso en torno ao emprego: "A nosa principal aspiración é acadar a xeración de emprego no municipio. Por eso pedimos ás administracións e aos empresarios o esforzo para facilitar a instalación de empresas en San Cibrao, e que os empresarios teñan en conta aos veciños en situación de desemprego do noso municipio á hora de crear postos de traballo". Ademáis, Manuel Pedro Fernández Moreiras solicitou o apoio ás administracións supramunipais para mellorar os viais do parque empresarial.
Tralo escrutinio e discursos dos presidentes locais electos, Manuel Baltar, sinalou a fortaleza dos populares en Ourense: "O PPOU gañará as eleccións porque ten gañada a confianza dos cidadáns. Esto responde ao esforzo diario que estamos levando a cabo". Ademáis, lembrou que "hoxe celebramos os congresos locais número 40 e 41 nesta provincia, e mañá celebraremos en A Veiga o número 42. Somos o partido con maior actividade: Só en Ourense, temos celebrado máis congresos locais que nas outras tres provincias galegas xuntas".
Feijóo, foi o encargado de clausurar ámbolos dous congresos. Nas súas intervencións, destacou o intenso traballo levado a cabo no PPOU e sinalou que nas vindeiras eleccións europeas do mes de maio, "o Partido Popular demostrará cal é a forza política solvente, seria e con ideas para defender os intereses de Galicia no Parlamento Europeo".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ourense provincia non existe. Se empeñan en crearla sólo para sus fines: red de clientela e puestiños a conta de todas e todos.