lunes, abril 07, 2014

ESPIÑO PRESIDENTE DO PP DE SILLEDA


Os afiliados do PP de Silleda elixiron por aclamación ao que será o novo presidente local nos próximos anos, José Luis Espiño. Fixérono. O novo presidente local estivo respaldado por Alfonso Rueda, Rafael Louzán, José Crespo, asi como pola secretaria provincial, Rocío de Sinde, e os alcaldes dos concellos da comarca, ou o deputado autonómico, Román Rodríguez.
A única candidatura presentada, encabezada por Espiño, e que resultou elixida, está composta por un total de 27 membros: Mª Jesús Penela, José Antonio Ramos, Marta López, Luis Juan Arceo, Manuel Asorey, Brais Abeledo, Paula Mosteiro, Juan Manuel Vidueiros, Antonio J. Rodríguez, Pili Grela, José Luis Tejo, Juan Nercellas, Miriam Iglesario, José Iglesias, Jacobo López, Rosario Taboada, Luis Bibian, Antonio Rodríguez, Carlos Rey, Patricia Costa, Román Peña, Miguel Cuíña, Roberto Couto, Andrés Mejuto, Fernando Ares e Abel Otero.

O encargado de inaugurar o encontro, foi o presidente do Comité Organizador do Congreso, Juan Salgueiro, que posteriormente se ocupou tamén de dirixir o Congreso como presidente da Mesa.
Manuel Asorey, membro da xestora saínte, foi o encargado de dar lectura ao informe de xestión, sometido a aprobación polos afiliados.
Espiño, xa elixido presidente, manifestou a súa disposición a colaborar e dialogar co alcalde de Silleda, e o voceiro do BNG, Matías Rodríguez, para tratar e resolver conxuntamente todos aqueles asuntos nos que prime o interese xeral de Silleda, “porque para o Partido Popular o disentir, defender ideas, pareceres e programas distintos, non quere dicir que sexa sinónimo de confrontación”. “Podería contarvos moitas cousas, podería falar das andanzas do noso alcalde, do matrimonio de conveniencia entre PSOE e BNG que non chegou nin á lúa de mel, das promesas incumpridas, dos derroches que se fan, do abandono ao que teñen sometido o noso concello, ou da que saíu elixida alcaldesa e despois cambiou Silleda por Madrid. Pero non o vou facer, hoxe non o vou facer porque hoxe o protagonista é o PP”, explicou Espiño.
O recén elixido presidente local prometeu traballo, tanto del como de todo o partido, para traballar por e para Silleda e agradeceu o labor dos antecesores no seu cargo: Manolo Valenzuela, David García, Xoán Xosé Salgueiro Montouto, Xosé Fernández Viéitez e Xosé Antonio Pena Fernández.

No hay comentarios: