lunes, abril 14, 2014

CONVENCION PROVINCIAL DO PP DE LUGO

A convención provincial do PP de Lugo “Fortes en Europa” desenvolveuse a través de catro relatorios nos que participaron destacados dirixentes da formación política en Galicia. A intervención inicial correspondeu ao secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, quen explicou a metodoloxía a través da que se ía desenvolver a convención e deu paso aos ponentes.
O primeiro en facelo foi o deputado autonómico e experto en asuntos europeos Daniel Varela Suanzes-Carpegna. O popular destacou a importancia de formar parte dun grupo parlamentario forte “para multiplicar o efecto do que se pode facer en Europa”. “Os nacionalistas están moi mal vistos en Europa e para conseguir cousas hai que ser fortes”, reincidiu.
O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy Fraga, centrou o seu relatorio no programa electoral e sinalou que este “está construído en base a pequenos impulsos de solidariedade, traducidos no apoio aos sectores produtivos galegos para adaptarse ao novo entorno económico, agrícola, gandeiro, da pesca, educación e ás políticas de xeración de emprego”.
Precisamente, este último aspecto foi unha das ideas fundamentais do relatorio que correu a cargo da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen se centrou “en tres preocupacións compartidas por Europa e Galicia: o desemprego xuvenil, a inclusión social e a demografía”. Entre os datos referenciados por Mato, destaca a iniciativa de Emprego Xuvenil posta en marcha pola U.E. con máis de 6.000 millóns de euros de orzamento para os distintos países da U.E., e que, en consonancia con Europa, está a ser complementada polo Goberno da Xunta de Galicia a través do Plan de Emprego Xuvenil que prevé, entre as outras novidades, “a atención preferente para os menores de 25 anos que nin estudan, nin traballan (NINIS)”
Por último, a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, analizou a influencia que no sector primario lucense terán as recentes reformas da PAC (Política Agraria Común) e da PCP (Política Común de Pesca). Asegurou que os datos referendan os resultados económicos e normativos positivos que obtivemos na reforma da PAC. A conselleira referiuse ao mantemento no nivel de investimentos, -con 2.380 millóns de euros nos próximos sete anos-, ou a medidas tales como as axudas directas ligadas a agricultores activos que se establecen por primeira vez na historia. Do mesmo xeito, Rosa Quintana subliñou a importancia directa das decisións que toma a UE a través da PCP que, no seu contido, incorpora importantes propostas galegas. Entre os aspectos fundamentais, Rosa Quintana referiuse ao plan de acción que para a flota de pesca artesanal, -en Galicia o 87% corresponde a este segmento
Por último, Xose Manuel Barreiro salientou durante a súa intervención na clausura da convención que o PP de Lugo, e na que participaron arredor de mil persoas, que nas próximas eleccións “non podemos volver atrás, nin tampouco confiar naqueles que puxeron ao país ao borde da quebra”.
Mentras que Feijóo, pediu a celebración de máis convencións como a do PP en Lugo para explicar aos galegos o que se xogan nas próximas eleccións europeas. Feijoo dixo que a alternativa ao PP é unha lista que recorda o consello de ministros de  Zapatero . En Europa, sinalou, aínda non esqueceron as políticas desenvolvidas por Zapatero en España e que conduciron ao país á grave crise da que empeza a saír.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Qué pasa con Ana Belén Vázquez?

http://www.dignidaddigital.com/noticia/la-guardia-civil-acusa-a-una-diputada-del-pp-y-su-marido-de-azuzar-al-pueblo-contra-los-agentes-36108.html

Anónimo dijo...

Muy floja la CONVENCION no? Si no llega a ser por el sindicato de aplaudidores que teneis a sueldo en la Sede ni aparece en las redes sociales OJO!!! Casi teneis mas twits y menciones y toda esa fantochada que la derrota del barça. Enhorabuena, un gasto mas suprefluo para que los de siempre nos contaran las 4 cosas de siempre para los ciento y poco de siempre, podiais poner una foto de las municipales de hace 7 años que salian los mismos. Ahi Barreiro y su gusto por perpretar en los cargos a "pasados de moda" o de "ideologias de otra època" desde las nnxx hasta los aplaudidores que teneis de + de 80. Y venga palmeros hacer unas llamaditas para mandar contrarestar este comentario

Anónimo dijo...

jajajaja
anónimo del 14 a la 1:02:00, que si, que tienes toda la razón
en RRSS solo fue visto por unas 18.000 personas
poca cosa, tienes razón, pero eso tu que eres un experto, ya lo sabías, a que si?
"asesores" tiene la iglesia, ups, quise decir doctores ;-) ( pillín)

Anónimo dijo...

jajajaja
anónimo del 14 a la 1:02:00, que si, que tienes toda la razón
en RRSS solo fue visto por unas 18.000 personas
poca cosa, tienes razón, pero eso tu que eres un experto, ya lo sabías, a que si?
"asesores" tiene la iglesia, ups, quise decir doctores ;-) ( pillín)

Anónimo dijo...

18000 personas? No te lo crees ni en tus mejores sueños... quien querría leer/ver/oir a un (sub)normal como el de rosa...

Anónimo dijo...

Aparte de comentarios desafortunados o fuera de tono, ni 18.000 ni la mitad, seamos serios, la convención que no valió para nada (en ello estoy de acuerdo con el segundo comentario) y por otro lado, con todo mi respeto, pero sigo habitualmente este blog, y sin querer romper una lanza a favor de los azotadores que se mueven por aquí, se ve mucho el plumero de algunos de los comentarios. Son tan descarados que algunos con copiados al pie de la letra de otros blogs del partido ( hablo solo de Lugo donde trabajo) con lo que pierden toda la credibilidad. Y por otro lado, en mi opinión, es mas superfluo el gasto en el mal llamado "ejército" de las redes sociales que en la Convención de marras, aunque bueno, otros dicen que las Nuevas Generaciones para esto están. Tampoco le voy quitar razón a esta última apreciación, el trabajo sale a la vista.

Anónimo dijo...

os animo a hacer una búsqueda del hashtag con que llevó la convención Lucense y luego regresáis a llorar
18.000 personas y con unos 65.000 impactos
y no lo digo yo, lo dice la pag de hashtraking

así que .... a llorar queridos