lunes, abril 28, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE XUNQUEIRA DE AMBIA

Esta fin de semana celebrouse o Congreso Local do PP de Xunqueira de Ambía.. A única candidatura presentada, a liderada por José Luis Gavilanes Losada, acadou o 100% dos votos emitidos polos compromisarios que participaron neste proceso.
O presidente electo comezou a súa intervención agradecendo o unánime apoio recibido, así como aos membros da súa candidatura que confirmarán a Xunta Local do PP de Xunqueira de Ambía. José Luis Gavilanes fixou durante o seu discurso os dous grandes obxectivos a nivel municipal: "Rematar a residencia da terceira idade e o centro de día, para mellorar a atención aos nosos maiores; así como acadar o desenrolo do polígono empresarial, co fin de consolidar emprego no municipio". Xa en clave orgánica, o presidente local dos populares en Xunqueira manifestou a súa intención de incorporar a xente nova ao partido, "porque o PP é a opción máis válida que existe hoxe en día. Temos unha gran responsabilidade , porque hoxe en día temos que explicar medidas moi difíciles e dolorosas, pero con toda a autocrítica que é preciso facer, o PP é a única forza política solvente para sacar ao noso país desta delicada situación".
Precisamente da responsabilidade dos populares falou tamén Manuel Baltar, encargado da clausura do Congreso Local de Xunqueira de Ambía. "Nas épocas máis duras é onde hai que exercer a política en maiúsculas, sempre ao carón da xente", sinalou, ao tempo que salientou a intensa actividade e traballo desenvolvido polos populares ourensáns, con 44 congresos locais celebrados ata o día de hoxe.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Gavilanes: 100% de los votos. Toma congreso a la búlgara. Por cierto, ¿cuantos años lleva este señor en el puesto?