lunes, abril 14, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE A VEIGA

O PP de Ourense celebrou esta fin de semana o seu Congreso Local no municipio de A Veiga, que tivo lugar no recinto feiral "O Toural". O candidato único, Juan Anta Rodríguez, recibiu o respaldo do 100% dos compromisarios que participaron nesta elección dos populares.
O novo presidente local electo, avogado de profesión e con 31 anos de idade, agradeceu esta mostra de confianza e destacou como un dos seus principais retos "reconstruir e reagrupar o partido, situando A Veiga por riba das persoas e das ideoloxías". Así, Juan Anta Rodríguez situou ao benestar dos veciños de A Veiga como máximo obxectivo nestes vindeiros anos. "E, sobre todo, non perder a ilusión de que A Veiga siga sendo o paraíso que é, conseguindo atraer xente e empresas que se establezan aquí e poder asentar poboación e riqueza no municipio".
Manuel Baltar, foi o encargado de clausurar o Congreso Local do PP de A Veiga, o número 42 dos que leva desenvolvido o PPOU nestes últimos meses. Na súa intervención, Manuel Baltar amosou o seu convencemento de que o Partido Popular voltará a revalidar a confianza maioritaria dos ourensáns nas próximas eleccións europeas, "día a día, con traballo diario e esforzo, amosamos aos nosos veciños que somos a única forza política forte e preparada para dar as solucións que demanda a sociedade".

1 comentario:

Anónimo dijo...

¡Qué susto!