lunes, abril 14, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE POIO

Ángel Moldes, resultou elixido presidente do PP de Poio esta fin de semana. Foi por aclamación nun congreso no que os populares estiveron respaldados por Feijóo, por Alfonso Rueda e por Rafael Louzán. Estaban tamén o director xeral da Administración Local, Alberto Pazos, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, o deputado nacional, Telmo Martín, a secretaria provincial do partido, Rocío de Sinde ou o voceiro do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira.
A candidatura presentada por Moldes e que conformará a Xunta Directiva do PP de Poio está formada por un total de 34 membros. A secretaria será Celeste Nieto e o tesoureiro Juan Rodríguez. Figuran ademais nos restantes postos da executiva figuran como vogais: Benito Alonso, Angeles Freijoo Montenegro, Victor Muñiz, Angeles Fernandez, Manuela Ouviña, Jose M.Montes Pazos, Camilo Gonzalez, Manuel Dominguez, Manuel Gomez, Manuel Besada, Jose M.Pousada, Jose Rodriguez Couselo, Manuel Silva, Francisco Ucha, Sonia Exposito, Alberto Villaverde, Maximino Fernandez, Mar Villaverde, Lucia Maquieira, Juan Carlos Rodriguez, Jorge Arosa, Celestino Esperon, Jesus Miguez, Vicente Perez, Marcial Garcia, Jose Manuel Moreda, Joaquin Picon, Enrique Portela, Daniel Vidal, Javier Dominguez Lino e Jose Ramon Rodriguez Rodriguez.
O encargado de presidir a mesa do Congreso foi Ramón Rodríguez. Antes da proclamación do novo presidente, interviron Celeste Nieto como secretaria da executiva saínte que se encargou de dar lectura ao informe de xestión e o presidente do partido desde 2003 ata a convocatoria do Congreso Local, Javier Domínguez. O presidente saínte, Javier Domínguez, deu as gracias a todos os seus compañeiros de partido nun emocionado discurso no que non faltaron palabras de eloxio para Ángel Moldes, de quen dixo que debería ser o próximo alcalde de Poio. Feijóo, incidiu en que o PP sempre precisa para lograr a alcaldía de calquera concello a maioría absoluta. "En Poio goberna o BNG porque obtivo 8 concelleiros, pero se fora o PP o que tivera esa maioría non gobernaría porque como aconteceu en cidades como Pontevedra ou Vigo, a un concelleiro da maioría absoluta, BNG e PSOE xuntáronse para que o Partido Popular non gobernara".

1 comentario:

Anónimo dijo...

¡Canto congreso e canto congresista nesta Galicia!!