jueves, abril 24, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE FORCAREI

Belén Cachafeiro convértese na única aspirante á presidencia do PP local de Forcarei, despois de que rematara o prazo para a presentación de candidaturas a liderar a formación local. A candidata á reelección, conseguiu o apoio de 84 militantes do PP de Forcarei, 34 máis dos 50 esixidos polo Regulamento do Congreso. Xa entregou ademais ao Comité Organizador do Congreso os avais e a candidatura completa.
Belén Cachafeiro naceu en Forcarei en 1968. Entrou na política local ao resultar elixida concelleira polo Partido Popular en 1999, tras formar parte da candidatura encabezada por David Raposeiras e que resultou elixida por maioría absoluta. Asumiu responsabilidades de goberno nas concellería de Servizos Sociais nas sucesivas lexislaturas, e en 2011 pasa a asumir a primeira tenencia de alcaldía. En 2012, e tralo falecemento do alcalde, David Raposeiras, foi elixida alcaldesa de Forcarei e asumiu ademais as rendas do PP a nivel local.
A candidatura encabezada por Cachafeiro e formada por un total de 22 membros, conseguiu o aval de 180 afiliados, 60 máis dos esixidos. Aínda que todo apunta a que de aí sairá o Comité Executivo que dirixirá o partido en Forcarei nos próximos anos, a única candidatura presentada deberá contar co apoio dos afiliados no Congreso Local que se celebrará este venres.
O Comité Organizador do Congreso está presidido por Javier Tato Arca, o vicepresidente é Ricardo Villaverde Iglesias e a secretaria Marta Gulías Canabal. Os vogais: José Francisco Bouzas Vázquez e María Jesús Sineiro Vidal. Tralo falecemento do presidente local, David Raposeiras en xaneiro de 2012, fíxose cargo do partido unha xestora presidida por Belén Cachafeiro. A nova candidatura incorpora a xente nova, con ilusión e con ganas de traballar por Forcarei e o partido pero sen esquecer aos “afiliados que sempre están aí.

No hay comentarios: