miércoles, abril 30, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE CUALEDRO

Onte celebrouse o Congreso Local do PP en Cualedro. Luciano Rivero Cuquejo, candidato único, foi elixido presidente local por unanimidade dos compromisarios que participaron neste proceso de elección.
Luciano Rivero, despois de agradecer a confianza unánime depositada na candidatura que encabeza, tamén fixo unha sentida lembranza cara todos os concelleiros do PP que pasaron pola Corporación de Cualedro, e tamén para os que xa non están, como foi a anterior alcaldesa, Marina Cuquejo, "que sempre concebiu a política como unha actividade nobre, na que pensaba máis nos demáis que nela mesma". No tocante aos proxectos para o municipio, Luciano Rivero destacou que no próximo ano abrirá as súas portas a residencia da terceira idade, "clave para dar un servizo aos nosos maiores que así o precisen, para que poidan estar ben atendidos sen marchar da súa terra". Tamén incidiu na necesidade de impulsar o proxecto do parque empresarial, "unha ferramenta de futuro para apoiar o emprego, asentar empresas e xente nova no noso municipio". Non quixo finalizar a súa intervención o presidente local electo sen agradecer públicamente o intenso apoio na búsqueda dunha veciña de Rebordondo, que se perdera o pasado día 15, e que grazas á colaboración cidadá foi atopada sá e salva.
Pola súa banda, Manuel Baltar, no discurso de clausura do congreso local, matizou que unha característica moi importante do PP en Cualedro "é o seu carácter gañador e incansable, tanto nos momentos doados como nos difíciles, pero en todos eles rexe a máxima da confianza e da unidade. Todos xuntos seguiremos sendo unha forza imbatible". Ademáis, fixo fincapé en que no PPOU "o traballo é intenso haxa ou non haxa eleccións á vista. Un claro exemplo é que hoxe acabamos de clausurar o congreso local número 45, e mañá celebraremos o 46º en Toén. O noso compromiso era celebrar 40 antes das Eleccións Europeas, e xa rebasamos con creces este propósito".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Felicidades a Luciano a y los amigos de Cualedro.