miércoles, abril 23, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE COTOBADE

O III Congreso Local do PP de Cotobade celebrarase este sábado, 26 de abril, ás 18 horas no colexio de Tenorio. Así o decidiu o Comité Organizador do Congreso que asume as rendas do partido desde que o pasado 26 nunha asamblea de afiliados celebrada en Santa maría de Sacos se aprobou a convocatoria do Congreso. Jorge Cubela, que asume a presidencia da xestora formada en 2011, parece ser o único candidato a postularse como presidente do PP local, e está recabando os avais esixidos para presentarllos ao COC o xoves 24 de abril.
“Esta semana recabarei os avais necesarios para concorrer como candidato a presidente local. Un paso máis para repetir como candidato a alcalde en 2015. Nun momento de crise política, de descrédito do sistema, fai máis falla que nunca compromiso e vocación pública de servizo, de honradez e de novas formas de facer política”, explicou Cubela nas redes sociais, onde anunciou a súa intención de presentar candidatura.
O PP de Cotobade vén de conseguir a maioría absoluta nos últimos comicios locais do ano 2011, con Jorge Cubela á cabeza, tras acadar o respaldo unánime dos militantes do PP de Cotobade nunha asamblea xeral extraordinaria celebrada en Carballedo en setembro de 2010, co respaldo de Rafael Louzán, tras a unión conseguida entre populares e independentes baixo a presidencia de Luís Samartin.
Ata a celebración do Congreso as responsabilidades do Partido serán levadas adiante por un Comité Organizador presidido por Carlos Boullosa, que vén de ser o Secretario Local nos últimos 3 anos; e tamén por Raquel Touriño, que fará de Secretaria do COC.

No hay comentarios: