miércoles, abril 02, 2014

CELEBROUSE O CONGRESO LOCAL DO PP DE LAROUCO

A única candidatura que concurría neste proceso era a liderada por Joaquín Bautista Prieto Rodríguez, e foi apoiada por unanimidade dos compromisarios que tomaron parte na votación.
Despois de agradecer o apoio recibido, o presidente local electo abordou no seu discurso os obxectivos marcados pola Xunta Local do PP de Larouco para os vindeiros anos: "Mellorar os servizos básicos e construir algunhas vivendas de protección para atraer novos veciños ao noso municipio. Ademáis, queremos facilitar e fomentar a implantación de empresas, para poder consolidar emprego e actividade económica". Joaquín Bautista Prieto Rodríguez tamén lembrou obras pendientes e necesarias, "como son cubrir a pista polideportiva de Freixido e o abastecemento e saneamento de Seadur".
Manuel Baltar, foi o encargado de clausurar o Congreso Local do PP de Larouco coa súa intervención. Aproveitou para ensalzar o intenso traballo que levan a cabo as xuntas locais dos populares nos municipios do rural ourensán, "onde se exerce a política na súa máxima expresión: falando e, sobre todo, escoitando aos veciños. A cercanía e a honestidade no traballo desenvolvido é un dos sinais de identidade do PPOU".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Sr. Baltar ¿porqué no propone usted la desaparición de las taifas provinciales y de la monarquía?