miércoles, abril 02, 2014

AS ELECCIONS CONVOCADAS E O PP SIN CANDIDATO

Onte o Boletín Oficial do Estado publica o Real Decreto que convoca as eleccións europeas e que foi aprobado o pasado venres polo Consello de Ministros, e o PP ainda non ten candidato oficial para as mesma. Desde onte quedaron, polo tanto, convocados os comicios ao Parlamento Europeo, 54 días antes da xornada electoral, tal e como establece a Lei de Réxime Electoral Xeral e empezarán a contar os días para os diversos prazos do proceso, como o fixado para a presentación das candidaturas ou o inicio da campaña electoral.
As eleccións europeas celebraranse, polo tanto, o próximo 25 de maio, nelas España elixirá a 54 eurodeputados dos 751 que comporán o novo Parlamento Europeo e que representarán a máis de 500 millóns de cidadáns. A campaña electoral comeza o venres, 9 de maio e denvolverase ata o día 23.
De acordo con ese calendario, os partidos deberán presentar as súas listas entre o 16 e o 21 de abril. O 23 de abril publicaranse no BOE a relación de candidaturas presentadas e 5 días despois, por se houbera algunha irregularidade que houbera que subsanar, proclámanse as candidaturas.
O prazo para solicitar o exercicio do dereito a voto por correo comeza hoxe mércores 2 de abril e remata o xoves 15 de maio e poderase formular ante calquera oficina de Correos. A Delegación Provincial da Oficina do censo Electoral, remite ao elector ata o 18 de maio, por correo certificado, a documentación necesaria para emitir o voto. Unha vez recibida a documentación, os electores deben enviar o seu voto á mesa electoral, por correo certificado, non máis tarde do 21 de maio.
Os residentes ausentes no estranxeiro teñen de prazo para solicitar o exercicio do dereito a voto desde hoxe mércores 2 de abril ata o sábado 26 de abril. A documentación necesaria para emitir o voto será enviada ao elector, unha vez formulada a solicitude, ata o 5 de maio. Os residentes ausentes poden enviar o seu voto por correo non máis tarde do 20 de maio ou ben, votar en urna nas oficinas ou sección consulares, entre o 21 e o 23 de maio

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Típico de Mariano. Así va todo, pero él se sigue fumando un puro

Anónimo dijo...

Pa que nombrarlo? Nadie pensa votar.

Anónimo dijo...

VOX, eureka!!

Anónimo dijo...

El misterio del elefante. Genial

https://www.youtube.com/watch?v=HH9ltMAOu5E

Anónimo dijo...

Mmmmmmm.........PASALO!!!!

Anónimo dijo...

El PP primero convoca y luego usa el dedazo? un partido democrático y abierto y transparente y puro y casto también.