martes, abril 22, 2014

“ARIAS CAÑETE E UN CRACK”

Nunha entrevista concedida á Radio Galega, Francisco Millán Mon, amósouse convencido de que os cidadáns non darán as costas nas urnas, o vindeiro 25 de maio, a quen evitou o rescate en España. Ademais confesou que, como candidato, está animado coas eleccións europeas e confía nos resultados, xa que considera que o pobo galego é moi intelixente e sabe o que se fixo nos últimos anos. Con respecto a isto, engadiu que os galegos son conscientes de que España estaba “ao borde da catástrofe” e que a prudencia e o sentido común de Rajoy evitaron esa situación e que o país fose intervido.
Millán Mon cre que os galegos son agradecidos e saben distinguir entre quen fai as cousas ben e con rigor, a pesar das dificultades, e cre que o 25 de maio farán un exercicio de reflexión.
Para Millán Mon, é un honor volver a estar na lista de candidatos ás europeas e defender os intereses dos galegos. Ademais, engadiu que, se ben supón unha responsabilidade especial ser a cara visible do PPdeG para estes comicios, tamén ve “reconfortante” formar parte dunha lista “moi valiosa”, que inclúe a “europeístas convencidos e magníficos defensores dos intereses dos españois e dos galegos”, e que está encabezada por Miguel Ángel Arias Cañete, a quen considera “un crack”.
Sobre a súa labor na Eurocámara no que atinxe ao seu traballo por Galicia,  afirmou que sempre foi un eurodeputado coas prioridades enfocadas nos temas da comunidade. De feito, preside o Intergrupo ‘Caminos de Santiago’ desde o ano 2010 e, como eurodeputado presentou unhas emendas que supuxeron un investimento de ata 1,8 millóns de euros para actos internacionais do Xacobeo. Do mesmo xeito, sempre defendeu os intereses do sector lácteo galego e, de feito, consciente de que Galicia é a primeira rexión produtora de leite en España, ten presentado emendas para que as cotas lácteas non remataran en 2015. Ademais, ocupouse dalgúns temas pesqueiros xunto cos eurodeputados Carmen Fraga e Gabriel Mato e tamén defendeu con firmeza emendas para conseguir que Galicia non sufrise un axuste dramático dos seus fondos tras saír das comunidades Obxectivo 1 da Unión Europea, sendo a primeira á que se lle garante unha aterraxe suave. Así mesmo, indicou que está a seguir no Parlamento Europeo a negociación para un acordo de inversión e comercio entre Europa e Estados Unidos, o que cre que será moi importante tamén para as exportacións das conservas galegas, da confección e o téxtil da comunidade e para os coches que saen de Vigo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

La de La Voz sin embargo ja sido bastante lamentable y ciertamente al periodista le soltaron la cuerda, las preguntas incisivas y evitando paños calientes (alguno diría de dirigida pero yo digo correcta).

Anónimo dijo...

Millán MON? sí hombre, de los Mon de toda la vida...anda ya!!

Anónimo dijo...

El nivel de nuestra clase política cada día es más indecente y rastrero.

Señor vividor Millán: el PP no ha hecho absolutamente nada de lo prometido en estos dos años y medio. Nos ha estafado completamente y le va ha votar su señora madre.

Anónimo dijo...

El crack es el!!!! , nadie lo conoce y nos representa en europa, jajaja