viernes, abril 11, 2014

ANGEL MOLDES PREPARADO PARA PRESIDIR O PP DE POIO

O PP de Poio reuniu ao ex presidente Javier Domínguez, á presidenta do Comité Organizador do Congreso, á concelleira do Grupo Popular Celeste Nieto e ao único candidato a presidir o PP de Poio, Ángel Moldes. Fixérono para explicar os pormenores do Congreso local que se vai celebrar este sábado e á que acudirán o Feijóo, Rafael Louzán, e Alfonso Rueda, ademais de deputados, conselleiros, outros cargos a nivel provincial ou alcaldes da zona.
Sen dar aínda os nomes dos membros que conforman a súa candidatura e posterior comité executivo que dirixirá o partido nos próximos anos, Ángel Moldes explicou que representan a todas as parroquias e a todos os sectores, onde estarán presentes fundadores do partido, membros actuais do grupo de goberno e tamén de NNXX. “Queremos abrir o partido a todo o mundo e esta candidatura representa a todos. O noso obxectivo é recuperar a Alcaldía de Poio e ninguén nos pode acusar de estar aí soamente antes das eleccións. Levamos traballando desde sempre e así seguirá sendo tamén a partir de agora”.
Ángel Moldes destacou e agradeceu ademais o labor realizado polo anterior presidente, Javier Domínguez Lino, “liderou o PP de Poio no momento máis difícil, ganou as eleccións e soubo formar un bo equipo e mantelo”.

No hay comentarios: