jueves, abril 10, 2014

A SORPRESA QUE NON FOI SORPRESA

María Dolores de Cospedal, anunciou onte que proporán ao Comité Electoral do partido que designe ao ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, como cabeza de lista dos populares ás eleccións ao Parlamento Europeo do proximo 25 de maio, e ese mesmo día coñecerase a composición da lista ao completo. Arias Cañete foi eurodiputado xa en Bruselas desde 1986 a 1999 e exerceu de presidente das Comisións de Agricultura e Política Rexional.
Cospedal destacou a profunda experiencia do que con total probabilidade será o cabeza de lista do Partido Popular, de quen dixo “foi o que máis e mellor defendeu os intereses de España nas institucións da UE”.
Arias Cañete naceu en Madrid en 1950, licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense. Aprobou as oposición de avogado do Estado en 1974 e deu o salto á política en 1982. Foi deputado autonómico en Andalucía, senador, eurodiputado e ministro de Agricultura cos Gobernos de Aznar e na actualidade con Rajoy. Fala con fluidez inglés e francés e deféndese en italiano e alemán.
O candidato e o resto dos membros da lista coñecerase este sábado nun acto que o partido celebra en Toledo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Un gran candidato.

Anónimo dijo...

OTRO BON VIVANT QUE SABE MUCHO DE PATATAS Y HORTALIZAS; PERO EN EL PLATO. NO DE QUIÉN LAS PLANTA.

Anónimo dijo...

Un gran culo para darle la patada a Rajoy, Cospedal y demás mangantes que nos han amargado la vida durante los últimos años...