viernes, abril 11, 2014

A CUOTA GALEGA NO PARLAMENTO EUROPEO

O PPdeG quixo destacar que as rutas xacobeas están a gañar protagonismo en Europa grazas á labor que desempeña o eurodeputado popular, Francisco Millán Mon, a través do Intergrupo Camiños de Santiago.
A agrupación, que el mesmo impulsou e preside, mantivo unha xuntanza esta semana para compartir as experiencias do peregrino belga, Werner van Zuylen, un cidadán europeo que o pasado ano camiñou desde Moscú ata Santiago de Compostela. Esta longa viaxe, que comezou o pasado 15 de xullo na Plaza Roja de Moscú, rematou o 15 de decembro coa chegada a Santiago, tras percorrer 4.500 quilómetros.
Este tipo de xuntanzas enmárcanse nos obxectivos deste Intergrupo, impulsado por Millán Mon no ano 2010, de divulgar o papel que os Camiños de Santiago desempeñaron na creación da cultura europea e dunha identidade europea común. Ademais, os eurodeputados que compoñen esta agrupación tamén se comprometen a efectuar contactos e intercambios cos lugares e institucións vinculados aos Camiños de Santiago, así como cos expertos nesta materia e a estimular a identificación, recuperación e sinalización dos mesmos en Europa.
Os populares lembran que xa nos anos 90 se constituíra no Parlamento Europeo un primeiro Intergrupo Camiño de Santiago, que presidiu o daquela eurodeputado, Gerardo Fernández Albor.
O pontevedrés, Francisco Millán Mon, ocupará posto de saída dentro da lista do PP para as eleccións europeas, como adiantamos fai semanas. Licenciado en Dereito, diplomático de carreira, asesor e cuñado de Rajoy, integrará a cota galega na lista o Parlamento Europeo.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

A lo que hay que añadir un mérito decisivo para ir en puestos de salida: ser el cuñado de quien elabora las listas.

Anónimo dijo...

Ok!

Anónimo dijo...

seguide votando neles!!! a ver se espabilades dunha pu... vez.

mr jiminy cricket dijo...

Una pena que Carmen Pardo, una persona muy válida, no esté en puestos de salida.

Anónimo dijo...

O cuñadísimo e a min por ser fillo de non me queren nin en pintura, claro que si eres CUÑADÍSIMO ou tía do vicepresidente, ou novia do candidato, ou pendexos varios iso sí do núcleo fundamental de LORD nominalmente o CASINO, entón podes rematar perfectamente en SASEMAR, EUROPA, A ZONA FRANCA DE VIGO, FOMENTO, PORTO DE MARÍN OU DONDE TE PETE.
Tampouco perdo nada o que sí dende logo non traballarei polo cuñadísimo, só polo partido e voltarei ser o gilipollas de sempre jodendo todo o domingo nunha mesa electoral aguantando de todo o que non aguantan os nosos próceres. O que sí penso e votar a CIDADÁNS neste caso.
Non me importa decir quen son se mo pedides.

Anónimo dijo...

Ou rematas de DIRECTOR XERAL da benemérita sen moito ánimo de renuncia ou dimisión por moi cruda que se poña o tema.

Iso sí, se eres ex-cuiñista ou suspeitoso dilo, ou da boina vamos a dimisión e obrigada.

Isto comento porque é un foro de "gilipollas" afiliados e neste intre sufridores do PP, vamos, colegas todos non sendo algún que outro Troll infiltrado.

Anónimo dijo...

O director da benemérita, de profesión xardiñeiro no concello de Ferrol: nivelón!

Anónimo dijo...

Pues yo ni de coñas voy a las mesas ni a aguantar nada, conmigo que no cuenten.

Anónimo dijo...

A cuota galega e de coña así farán coa cuota láctea. E que si non chegan a ser cuñado de Ramón creo que non habería nin un galego en postos de saída que como sigan así serán so 15. Vai ser unha vergoña.

Anónimo dijo...

Alguén mirou o Sr cuotas e a filla de Fraga estes últimos catro anos nalgún acto o que asistisen por si mesmos e non como palmeros da cohorte e corte do Lord e Cía?