lunes, marzo 10, 2014

TRES CONGRESOS NUN DIA NO PPOU

A actividade orgánica de renovación de xuntas locais intensifícase no PP de Ourense. Foron tres os congresos locais celebrados coa participación da militancia en San Cristovo de Cea, San Xoán de Río e O Bolo, onde Jose Luis Valladares, Gerardo Rodríguez e Manuel Corzo Macías, respectivamente, foron elixidos por unanimidade dos compromisarios participantes. Os tres encabezaban as candidaturas únicas que concurrían a estes procesos. Manuel Baltar, foi o encargado de pechar os tres congresos locais (no de San Cristovo de Cea participou tamén o vicesecretario xeral do PPdeG, Agustín Hernández), manifestando "a importancia dos equipos, da xente e das ideas que conforman a forza política máis importante da provincia: o PP de Ourense". Ademáis, deixou claro que "estamos nun tempo no que temos que reivindicar a política en maiúsculas, exercéndoa con honestidade, transparencia, cooperación e altura de miras".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ourense provincia non existe como tal... mentiráns!!