lunes, marzo 31, 2014

PRIMEIRA CHARLA DA CAMPAÑA "NO AMOR NON TE CEGUES, USA AS GAFAS MALVA"

Burela acolleu a primeira charla informativa que a comisión provincial do PP de Lugo leva a cabo ao abeiro da campaña “No amor non te cegues, usa as gafas malva”. Dita campaña, que foi presentada o 24 de novembro, data anterior ao Día Internacional contra a violencia de xénero, ten como obxectivo lanzar á sociedade unha mensaxe para descubrir a desigualdade e previr a violencia de xénero, invitando aos cidadáns a pór uns anteollos malva para mirar dunha forma diferente a realidade e incorporar a perspectiva de xénero no noso día a día.
Neste senso, a comisión provincial da muller dos populares lucenses, coordinada pola edil Mari Teijeiro, ratificou neste concello de A Mariña o seu compromiso de ser axente activo na loita contra a violencia de xénero dende as xeracións máis novas da sociedade e lembrou a finalidade desta campaña, que non é outra que, mediante o uso simbólico dunhas lentes malvas, ensinar a mirar con outros ollos.
“Unha utilización simbólica destas lentes malva coas que aprenderemos a traballar estereotipos e falsos mitos que envolven a realidade que sofren a diario moitas mulleres converténdonos en axentes contra a violencia de xénero con un compromiso claro de denunciar e non permitir nin unha soa mostra de ataque á igualdade ou de violencia cara ás mulleres”- esgrimiu a coordinadora da comisión provincial da muller, Mari Teijeiro. Se o día da presentación da campaña foi  José Manuel Barreiro, acompañado da coordinadora da Comisión Provincial, Mari Teijeiro, e da coordinadora sectorial de Igualdade, Pilar Varela, o encargado de ler un manifesto, hoxe foi a quenda de Celso Taboada Lorenzo, representante da Asociación Galega de Homes pola Igualdade, quen impartiu unha charla informativa co obxectivo de prever esta lacra.
Algo que según Teijeiro é unha estratexia intencionada xa que o PP de Lugo considera “fundamental que as novas xeracións de homes, rapaces e nenos conten con referentes positivos de outros homes que axuden neste proceso de visualización de certas realidades que agochan un machismo implícito” e hai homes implicados na loita pola igualdade, poren consideran importante mostralos con orgullo. Ao longo deste ano, terán lugar diversas actividades en varios puntos da provincia, uns actos que culminarán na capital lucense.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Una cosa es luchar contra cualquier tipo de violencia, doméstica o no, y otra muy diferente asumir el discurso de la izquierda y su "ideología de género" que es lo que parece hacer este PP. Al final todos los partidos son iguales.

manto dijo...

Felicito a Mari por su gran trabajo y entrega.
Un referente en lo que a asuntos sociales se refiere y como no en los temas de igualdad.
apertas

Anónimo dijo...

ANDA¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ El aparato "aplaudidor" del PP de Lugo en acción con este último comentario, un corta y pega en toda regla. Próxima entrega en el blog de Barreiro y de Joaquín. Por cierto, a ver cuando os pagais unas cañas por la Sede, despues de esta publicidad que os acabo de hacer ;) ;)